Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 18:39
O Concello da Coruña e a Deputación coruñesa participan este luns e o martes na feira CM Málaga para promocionar o turismo cultural na cidade e na provincia.
Nesta xornada presentouse no evento un novo produto sobre a figura de Pablo Picasso, a 'Ruta Picasso', segundo informan ambas as institucións. No acto, o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou a relevancia dos recursos de turismo cultural para a recuperación do sector afectado pola pandemia.
Tamén reivindicou o interese que esperta a 'Ruta Picasso', que vinculou con "unha relación natural de aproveitamento de sinerxías entre dúas cidades que están marcadas na biografía dun artista mundial que naceu en Málaga e pasou a súa infancia na Coruña, onde realiza a súa primeira exposición".
A nova ruta turística, segundo a alcaldesa, Inés Rei, supón un paso máis na difusión da obra e vida de Pablo Picasso na Coruña. Tamén destacou o "vínculo picassiano" que une a ambas as cidades. "Son as únicas que conservan en forma de museo unha vivenda onde residiu o artista malagueño".
A Ruta Picassiana ofrece, a través dun código QR que as e os visitantes atoparán en placas nas fachadas de cada unha das localizacións do percorrido, información adaptada para ler no smartphone e audioguías sobre cada un dos espazos explicados desde a perspectiva do artista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.