Coalición BNG e HB

O lider do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, lanzou  hoxe no Parlamento a acusación de que o BNG ten concurrido nalgunha convocatoria electoral en "coalición con partidos terroristas como HB", algo que negou o portavoz nacionalista Carlos Aymerich e o presidente Touriño, que saleu en defensa dos nacionalistas.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 14/03/2007 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Tamén Touriño defendeu aos seus socios de Goberno e amosouse duro para decirlle a Feijóo que non pode ir pola vida "mintindo, mintindo, mintindo e seguir mintindo".

O PP tentou xustificar a acusación do seu presidente referíndose ás eleccións europeas de 1986, nas que unha parte do BNG, o Partido Comunista de Liberación Nacional, apoiou a Herri Batasuna, aínda que non formou ningunha coalición con eles. De feito, O PCLN foi expulsado do Bloque por este apoio na Asamblea que celebrou en Carballiño ao ano seguinte. Para elo, baseose tan só en dous documentos conseguidos na rede; o dun blog persoal e do diario El Mundo.

 Así, reproduciu do Cartafol de Patriano o seguinte parágrafo:

O primeiro de maio de 1975 a UPG asina unha declaración conxunta con ETA e PSAN (p) na que fan públicas estas propostas de creación de gobernos provisiorios para as tres nacións: galega, vasca e catalana. Así como a constitución dunha alianza política dos movimentos de liberación nacional[1].

Durante o mes de agosto dese ano de 1975 terá lugar unha dura represión policial sobre a UPG e o conseguinte desmantelamento da súa fronte militar, que empezaba a actuar en Galicia xunto con membros de ETA. Perpetraran un atraco a Caixa de aforros da Coruña, o roubo nas oficinas policiais do documento nacional de identidade de Lugo e preparábanse para cometer atentados en Galicia. O desmantelamento relacionouse co traballo de Gorka, un famoso infiltrado policial en ETA. O 12 de agosto morrería en Ferrol a disparos da policía Xosé Ramón Reboiras, ao que lle seguiría un longo rosario de detencións por toda Galicia. Finalmente catro militantes da UPG (Xosé Mª.Brañas, Manoel Fernández, Marisa Vázquez e Xan López) xunto cos membros de ETA (Emilio Goitia e José Ignacio Villanueva) ingresaron no cárcere da Coruña coa petición fiscal de varios anos de cadea onde quedaran ata a aplicación en 1977 do decreto de amnistía para os presos políticos.

Ademáis, utiliza unha información publicada en 1997 pola actual xefa de prensa de Vivenda en El Mundo:

En 1987, en la llamada Asamblea Nacional de Carballiño (Ourense), el BNG rompe todos sus lazos con HB. Decisión criticada por una parte de UPG, que abandona el Bloque. Este cambio de orientación se traduce en unos mejores resultados y, en las autonómicas de 1989 el Bloque logra cinco diputados, que se convierten en 13 en los comicios de 1993.

Símbolo preconstitucional

Postos a buscar relacións, tamén Anxo Quintana utilizou varias fotografías no pleno para exemplificar as posturas que está a adoptar o PPdeG. Nunha delas se podía ver multitude de bandeiras españolas que portaban os manifestantes que o pasado sábado se concentraron en Madrid contra Zapatero. Na outra aparecía unha bandeira preconstitucional.

Esta comparación indignou os populares, cuio portavoz parlamentario pediu a palabra para pedir á presidenta da Cámara que obligara a Quintana a retirar eses calificativos. "Nunha hai bandeiras e noutra un aguilucho que é un símbolo preconstitucional", defendeuse o vicepresidente.

Xosé Manuel Barreiro seguiu insistindo e acusou a Quintana de "non estar a altura do seu cargo". "Non sei porque se alporiza. Ó mellor é porque son vostedes os que se sinten identificados con estes símbolos. Cando a min me falaron de golpismo (en alusión a súa chegada ó concello de Allariz) non me sentín identificado", respostou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

23 anxiño

non é que andes perdidiño, é que non sabes por onde andas.
coma me recomendas entrei na web do parlamento europeo ( http://www.europarl.es/) e busquei os resultados das eleccions anteriores, fun ó ano 1987 e mirei que partidos se presentaron, por unha parte aparece CBNG (coalicion na que se presentou o BNG) e debaixo aparece HB (que por certo sacou 1 eurodeputado), non aparecen engrupadas nin relacionadas con asteriscos, asi que penso que, como xa sabia, non se presentaron xuntos. Cres que por mentir, e mentir convencido, as tuas palabras van tornar en verdade?
en canto a composicion do BNG vese rapidamente que non sabes do que falas, o BNG é unha fronte de partidos, actualmente os militantes non adscritos a ningun deses partidos son mais do 60%, do resto os maioritarios son da UPG, pero tamen hai outros partidos, PNG-PG nacionalista centrista, EN nacionalista reintegracionista de esquerdas, Inzar, Colectivo Socialista, Unidade Galega,... como ves non tes a mais minima idea do que falas, hai partidos de esquerdas, de centro, nacionalistas, ningun de extrema esquerda, para votar a extrema esquerda nacionalista tes a FPG e a NOS-UP. Jesus, deixao xa que ves que non sabes.
Por certo, que é iso de que logramos a independencia e os españois.... como pode soltar semellante memez, sofres diarrea mental non si?? non paga a pena responderche a semellante...
o que non sei e como tes os santos c.ll.ns de defender a tua frase, "aunque nos cueste bombas" ti sabes e asumes que esas bombas levanse vidas, e dilo con tal sangue fria que parece que non hai ningunha parte mala. na miña opinion ningunha idea vale tanto coma unha vida, e sinto ser eu quen cho diga pero España, Galiza,... son ideas.

22 Jesús

Anxiño, no ando nada “perdidiño”. Lo que te pongo viene en wikipedia como lo tuyo, basta meter UPG y ya sale. Si no estoy mal informado, El BNG está formado en un 99% por UPG y el resto diversos partidos de extrema izquierda con 13 militantes cada uno como el Partido Comunista de Liberación Nacional. ¿Non si?
Así que acerté en lo de que BNG se presentó con HB a las europeas. ¿Cuantas veces? Míralo en la Web del Parlamento europeo y no nos mientas.
En cuanto al paradigma de Rajoy, de erróneo no tienes nada. Eso le sucede inexorablemente a quién negocia con terroristas. La palabra negociar destruye todo tu argumento falaz. La tregua de la legislatura de Aznar, se debió, como tu muy bien sabes aunque lo ocultes a los lectores, a negociaciones pero no con Aznar, sino con el PNV que dio como resultado el pacto de Lizarra con funesto final como todo pacto con terroristas.
“Al terrorismo, al igual que al narcotráfico, se le derrota o se le sufre, pero no se negocia” A ver si sabes de quien es esta frase. En Galicia de narcotráfico sabéis mucho ¿Verdad?
Me gusta mucho tu frase “a miña opinion é que vale mais 1 inocente vivo que manter 1 etarra no carcere” así, sí algún día lográis la independencia y los españoles nos vemos obligados a invadir Galicia para liberar a nuestros compatriotas, vosotros no opondréis ninguna resistencia no vaya a ser que muera un inocente. Yo, en cambio, estaría dispuesto a dar mi vida por la libertad de España y de los españoles incluso por la libertad de Galicia.

1 Eu-digo

Tomar sustancias estupefacientes está penalizado Jesusito.

21 Xosé A. Pena

É unha pena que os argumentos da dereita españolista se limiten a insultar e mentir. Pero, tampouco nos podemos sorprender, pois os séus intelectuais son Norma Duval, Arévalo, Bertín Osborne, etc.
Algún que escribe aquí facendo gracias cos seudónimos, dase por aludio e o que lle queda son os insultos. Pobriño!

20 RICARDO

O que dixo Núnez ,tamén dinno na miña vila,porque non teñen outro argumento,pero quixera lembrar ao Núñez,aló polos anos 80 e meio,que prenderan a un crego,(non lembro si era en Lugo ou en Ourense),que comezóu a dispar a un piquete informativo en unha Folga,pois ben,a éste !! terrorista,ós dous dias xa estába na rúa !!,e daquela mandaba!! Fraga !!,e nas omilías facía campañas a o PP,¿que vos parece...sres.do HP perdón PP ?,e que me dicides do crego que prenderon fai unhas semáns,por estar implicado no tema de !! tráfico de armas na Galiza !! ???memória , memória.....unha aperta

19 anxiño

a ver Jesús vexo que andas un pouco perdidiño:

http://es.wikipedia.org/wiki/Partid...

"En la III Asamblea Nacional del BNG (1987), se decidió expulsar al PCLN por el apoyo que había dado a Herri Batasuna en las elecciones al Parlamento Europeo."

e por se non o sabes, as primeiras eleccions europeas foron en 1987, asi que non hai que ser moi listo para darse conta de que se ise grupo foi expulsado no 87 por apoiar a HB nas eleccions europeas, o BNG non se presentou con HB a ditas eleccions.

en canto o paradigma de siloxismo erroneo que Rajoy formulou, eu reproduxen e ti reafirmas... hai un feitos simples e clarificadores:

-durante as lexistaturas de aznar ETA mantivose durante periodos "longos" sen poñer bombas (tregua), logo por ese siloxismo suporemos que Aznar cedeu (contra o que eu penso).
-no hipotetico caso de que chegue o dia en que ETA desapareza, fin da violencia, abandono das armas, non haberá bombas, logo o que goberne e logre ese feito historico sera a costa de ceder o chantaxe, sempre e cando fagamos caso o siloxismo.

a unica saida a dita frase e ficar quetos e non facer nada.

e respecto a isto "Es obvio y evidente que un Estado no puede plegarse a un chantaje aunque nos cueste bombas.", a miña opinion é que vale mais 1 inocente vivo que manter 1 etarra no carcere. discrepo absolutamente do que afirmas, ten que haber unha saida sen ceder e sen bombas.