Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2021 | Actualizada ás 14:35
O concelleiro responsable de Turismo de Santiago de Compostela, Sindo Guinarte, manifestou que espera que os brotes derivados das viaxes a Mallorca "non prexudiquen" as expectativas "boas" de turismo na cidade. Así o transmitiu o concelleiro este martes durante a súa visita ás obras de mantemento do Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela (USC), xunto ao reitor desta universidade, Antonio López, e a concelleira de urbanismo da cidade, Mercedes Rosón. Sindo Guinarte afirmou que os turistas que chegan á cidade compostelá "non se corresponden" coas franxas de idade dos infectados no megabrote balear.
EXPECTATIVAS "RAZOABLEMENTE BOAS"
"Non son boas noticias pero son esperadas", aseverou o concelleiro, para apontoar despois que existía a posibilidade de repuntes derivados "deste tipo de actividades" --en referencia á festa multitudinaria orixe dos brotes-- e "levadas a cabo por persoas que non están protexidas pola vacina".
Aínda con todo, ten expectativas "razoablemente boas" para o verán, xa que, tras reunirse a semana pasada con asociacións de hostaleiros, estas trasladáronlle que as reservas "se incrementan día a día".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.