Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/03/2007 | Actualizada ás 12:35
Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os topónimos de Galiza estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos. Máis aínda tendo en conta a importancia que a toponimia ten na elaboración de cartografía, polo que o IGN debería ser especialmente coidadoso con este tipo de grallas.
Vendo esas barbaridades case pasa desapercibido que a versión en galego desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha enorme falta de respecto para a cidadanía galega. No prego que che propón enviar a CiberIrmandade, solicítase, ademais da corrección inmediata da toponimia, que o Instituto Xeográfico Nacional faga unha versión seria en galego da súa páxina web".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.