"La Teijeira, El Bollo o Chandreja de Queija" no Instituto Xeográfico Nacional

Ciberirmandade propón unha nova campaña para legalizar a toponimia galega do Instituto Xeográfico Nacional...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/03/2007 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os topónimos de Galiza estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos. Máis aínda tendo en conta a importancia que a toponimia ten na elaboración de cartografía, polo que o IGN debería ser especialmente coidadoso con este tipo de grallas.

Vendo esas barbaridades case pasa desapercibido que a versión en galego desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha enorme falta de respecto para a cidadanía galega. No prego que che propón enviar a CiberIrmandade, solicítase, ademais da corrección inmediata da toponimia, que o Instituto Xeográfico Nacional faga unha versión seria en galego da súa páxina web".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

17 anxo

Elx e elxe?

16 anxo

Por certo ¿por que non parades de insultar?. Estou lendo a Cristina hai unhos días e cada vez encréspase mais, pero tamén vexo que en canto, unhos poucos, ven que escribe en castelán (moi lícitamente, por suposto) e que pensades que non e do bloque, ides a morder nela e insultar. o que provocades e rechazo e a ela encrespádela ¿por que os argumentos son insultos as veces?

15 anxo

xxx, non estou de acordo contigo, eu son tan nacionalista como calqueira e ise nacionalismo non me vai a quitar o sono, temos un pais, temos unha lingua, temos outra lingua (gracias a deus, !xa poderíamos ter sete!). A tua xustificación de elche e moi pobre (coido), como se parece algo..., xa vale. Pois eu dígoche unha cousa, a fonética e unha cousa e a gramática outra, e en galego existe a ch. Non pasa nada, ningún valenciano nin catalán se ofendeu por iso, eu só facía o comentario, pero a tua resposta non me convence, pareceme unha xustificación de un erro. Os linguistas dirán, se hai algún por este foro. Un saudo

14 Cristina

xxx - };-)

13 xxx

Cristina danos a ligazón dese foro de nostálxicos da ditadura franquista cheo de mulleres liberadas