"La Teijeira, El Bollo o Chandreja de Queija" no Instituto Xeográfico Nacional

Ciberirmandade propón unha nova campaña para legalizar a toponimia galega do Instituto Xeográfico Nacional...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 19/03/2007 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os topónimos de Galiza estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos. Máis aínda tendo en conta a importancia que a toponimia ten na elaboración de cartografía, polo que o IGN debería ser especialmente coidadoso con este tipo de grallas.

Vendo esas barbaridades case pasa desapercibido que a versión en galego desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha enorme falta de respecto para a cidadanía galega. No prego que che propón enviar a CiberIrmandade, solicítase, ademais da corrección inmediata da toponimia, que o Instituto Xeográfico Nacional faga unha versión seria en galego da súa páxina web".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 37 comentarios

2 anxo

Tes razón Estevo, pero tamén che vou a dicir que Elche non e Elxe, e Gijón non e Xixón.
Poñámonos todos no lugar de cada un. Os españolitos tamen teñen algo que dicir como podes ver.

1 estevo das estrivadas

A verdade que iso nen é español, a traducción de Sanxenxo é Sanxínés e non sangenjo.

Para non cometer istos disparates, é pola razón que a toponimia galega non pode ter unha segunda nomenclatura en español.

La Bola, debería ser La Bolla, Junqueira de Ambía debería ser Junquera de Ambia, villardevós villardevosotros, castrelo del valle en Castrillo del Valle.

Istos españolitos, nen traducir saben.