Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 09:49
A Praza do Obradoiro acolle este mércores, 21 de xullo (21,30), o concerto de Luz Casal e a Real Filharmonía de Galicia polas festas do Apóstolo, en Santiago de Compostela.
O recital --integrado na programación do Xacobeo 21-22-- contará co mestre Paul Daniel á dirección dos 53 músicos da Filharmonía de Galicia.
O aforamento, limitado pola normativa anticovid a 1.250 persoas, esgotouse en menos dunha hora, polo que o concerto será retransmitido gratuitamente para todo o mundo vía streaming a través de www.cultura.gal e tamén a través das redes sociais da Real Filharmonía de Galicia.
Luz Casal, que sacará novo disco en 2022, ofrecerá unha visión "diferente" dos seus temas clásicos, con arranxos "especialmente" a cargo de César Guerreiro para este pase único. Para o evento montouse un escenario de máis de 20 metros no Obradoiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.