O sector dixital galego medra a pasos de xigante en plena pandemia

A coruñesa Altia, dedicada á consultoría de TICs, prevé incrementar nun 50% o seu beneficio en só dous anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2021 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

A empresa coruñesa Altia recolle no seu plan de negocio para os anos 2021 e 2022 un incremento do seu beneficio neto do 50%, ao pasar dos 6,2 millóns de euros en 2020 aos 9,3 millóns o exercicio que vén. O plan de negocio estima a obtención dun beneficio neto en 2021 de 7,8 millóns de euros, o que supón un incremento do 25,7% sobre o obtido en 2020.

Este aumento está apoiado, por unha banda, pola melloría proxectada no 'Ebitda', posto que está previsto un crecemento desta magnitude nun 22% en 2021 (de 11,7 millóns a 14,3 millóns) e nun 17,2% en 2022 (de 14,3 a 16,8 millóns) e, doutra banda, pola mellora do resultado financeiro do grupo.

Ademais, segundo o documento da consultora tecnolóxica, a taxa anual de crecemento composto consolida un crecemento do 25,9% para o período 2019-2022, cunha previsión de incorporación de 237 profesionais nese período de dous anos.

INCERTEZA POLA COVID

"Con este plan de negocio marcamos unha folla de ruta para os próximos dous anos marcada pola incerteza derivada da evolución da pandemia por covid-19", afirma o seu presidente, Tino Fernández. "A pesar diso, no grupo demostramos unha solidez e capacidade de adaptación que nos permite presentar un plan para seguir crecendo ben situados na vangarda dun sector tan competitivo como o noso", resalta.

Arquivo - Tino Fernández, presidente de Altia. MONCHO FONTES - Arquivo
Arquivo - Tino Fernández, presidente de Altia. MONCHO FONTES - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta