O BNG fai un chamamento á sociedade para colgar a bandeira galega nos seus balcóns polo 25 de xullo

Pontón convida a sumarse a un Bloque "sen límites" para "achegar na construción dunha Galicia diversa, plural, inclusiva e con futuro".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/07/2021 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, fixo este xoves un chamamento aos galegos "para colgar a bandeira galega das xanelas e balcóns, coincidindo coa semana do 25 de xullo, coa semana da patria galega".

Rodil realizou estas declaracións durante un acto no que se colgou unha bandeira nun inmoble na cidade da Coruña no que tamén estiveron presentes Francisco Jorquera, Avia Veira e a deputada Noa Presas.

Ademais, explicou que A Coruña foi a cidade escollida para o acto porque "se cumpren 100 anos desde que se colgou a bandeira galega por primeira vez nunha institución e foi no concello da Coruña".

"Temos unha oportunidade enorme de celebrar que somos unha nación, un pobo no mundo orgulloso de ser galegos e galegas, que é a forma na que estamos no planeta", afirmou a viceportavoz nacionalista.

Rodil lembrou que o 'Día da Patria' non é só un día de celebración, senón que tamén é un "día de reivindicación do que somos, un pobo traballador con moita historia e moito futuro por diante".

"Desde o BNG chamamos a todos os galegos e galegas e a todas as persoas que viven aquí, nacesen ou non en Galicia, a sentir o orgullo de pertencer a esta nación e a este pobo e a colgar a bandeira das súas xanelas", pediu Olalla Rodil

A viceportavoz do BNG tamén fixo un chamamento para secundar a manifestación que sairá o día 25 ás 12,00 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela, á vez que incidiu en "facelo con tranquilidade porque se garantirán todas as medidas sanitarias".

BNG SEN LÍMITES

Así mesmo, o BNG lanza, no marco da celebración do Día da Patria, unha campaña de afiliación a través de redes sociais cun vídeo "de estética cómic", segundo explica nun comunicado, na que unha "animada" Ana Pontón convida a sumarse a un Bloque "sen límites", para, engade, "achegar na construción dunha Galicia diversa, plural, inclusiva e con futuro".

No vídeo, explica o BNG, a portavoz nacional chama a participar no proxecto que representa o Bloque "a favor dunha Galicia que suma ideas, e de face a traballar para afrontar retos como o emprego, en particular entre a xente nova; o feminismo, a diversidade sexual que defende o movemento LGTBI, a defensa da lingua, dos dereitos sociais e laborais...".

"En definitiva, convida a sumarse a todas as persoas que aposten por defender as causas xustas e sumar desde a diversidade", conclúe o BNG, que puntualiza que a afiliación crece, sobre todo, entre a xente nova, pois son as persoas entre 18 e 35 anos o colectivo no que se centra as novas altas, dentro dun Bloque que suma 8.522 militantes na actualidade.

O BNG chama a colgar a bandeira galega en balcóns para celebrar o 25 de xullo.. BNG
O BNG chama a colgar a bandeira galega en balcóns para celebrar o 25 de xullo.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

2 Gamela

Falta saber cantos militantes ten a día de hoxe a UPG e saber se a "estreleira" será o novo pasaporte para a futura República Galega de Paco Rodríguez & Cía ?

1 Gamela

Cicais deberamos colgar no balcón algo máis concreto como apuntan neste artigo Que Galicia Queremos http://www.galiciaconfidencial.com/...

2 El Ciz

Sempre obviando o traballo constante de décadas que leva facendo o nacionalismo

3 Gamela

Non, obviando non, precisamente por ese "traballo" ao longo de 57 anos estamos onde estamos: nas mans dun tal Feijoo e Cía. // Ás veces deberamos pensar ao revés (pois pensando coma sempre estamos onde estamos) se non serán esas décadas as culpábeis da nosa situación (?) http://www.galiciaconfidencial.com/... Algúns seguro que pensan chegar aos 100 anos e converterse en ERC ? Pois alá vós, eu xa non estarei neste mundo daquela...

1 nostrus

Eu apúntome e incluso poño tamen a bandeira española ao seu carón. Eso si, que sexa a bandeira galega de verdade e non a bandeira bloqueira que ademais de non ser oficial produce o mesmo noxo que a bandeira española co aguilucho. Disfrutemos da nosa galeguidade sen complexos.

1 Coros y Danzas

Nostrus querido, no te avergüences por la deshonra tu progenitor: tu has salido del huevo del 'aguilucho' imperial, autoritario, machista, racista y fascista español. La 'galeguidade' la sientes tanto como Francisco Franco, Caudillo de España por la gracia de Dios.

2 Amancio

Se tes de pendurar unha bandeira española ao lado da galega para desfrutares da tua galeguidade penso que algún complexo debes de ter.

3 nostrus

No Amancio, para disfrutar de mi galleguidad no necesito ninguna bandera. Eso solo le pasa a los que, a causa de su complejo y autoodio de lo que son, necesitan despreciar a algun compatriota para sentirse gallegos completos. Los renega2 teneis los mismos derechos que los demás, pero no valeis para nada ni se puede confiar en vosotros. En amor a Galicia no me gana ningún bloqueiro.

4 nostrus

Coros y Danzas. Pois atrévete ti a despotricar do nacionalismo galego como eu o fago do nacionalismo español. Non considero bon a ningún nacionalismo e única diferencia é que unhos son malos e outro peores. O nacionalismo galego é excluinte e homogenizador dentro de Galicia como o nacionalismo español dentro de España. A diferencia radica principalmente en que o nacionalismo español fanatizase nunha realidade e o nacionalismo galego fanatízase nunha ficción.

5 Galiña alporizada

A saber, para Nostrus: o nacionalismo español básese na verdade indiscutible é o nacionalismo galego nunha mentira. Considerando que toda nación é un invento humano, menos mal que ti non es nada, pero nada nacionalista!!! Eu tamén me declaro ateo, agora ben o Deus real e verdadeiro só é o do cristianismo, os dos outros son falsos. Ridículo en grado máximo!!! Nazista a tope e moi menguado no intelecto!!!

6 nostrus

Certo que unha nación é un invento humano, igual que as linguas ou as relixions. España é unha nación de verdade e si tes algunha dúbida podes consultar na ONU, na OTAN, na CE, no exército, na historia, no Parlamento Español, na Constitcuion, tes dabondo onde sair de dúbidas. Nos mesmos sitios podes consultar si Galicia é unha nación. Os habitantes de Galicia por si solos non teñen soberanía, pero si a teñen compartida cos demais compatriotas españoles. Nacionalismo igual a fanatismo, unhos nunha nacion de verdade e outros nunha nación ficticia. Saber que España é unha nacion non é de fachas é non ser idiotas, pensar que Galicia é unha nación é ser tontos ou mentirosos.

7 Casilda

Cando tragamos inventos espirituosos é doado deixar escapar moito gas... Pois se Nostrus lera un pouco, nótase que só asimila o lixo que lle dan mastigado desde a caverna, atoparía abondosas referencias á cualidade de galegos de nación na literatura clásica (na española, tamén!). Se manexara documentos políticos e históricos, notaría que está a confundir nación con e sen estado, dando por certo que nacionalidade non é sinónimo de nación (só reducionista para o nacionalismo español, claro), descoñecendo recoñecementos anteriores ao franquismo pola Sociedade de Nacións, precedente da ONU (o legal é manter o legado do fascismo para os seus herdeiros, por suposto!), os debates da redacción da Constitución de 1978 ou o texto do Estatuto de Catalunya (nación, si!)...

8 Casilda

Para pechar un debate estéril sobre que é ou deixa de ser a idea de nación, nada tan fácil como comparando: sabe Nostrus se a nación kurda ou a tibetana son inventos? Podía indicar se Bolivia ou Bélxica son unha nación? Preguntas sinxelas para quen desexe saber se está afectado polo adoutrinamento españolista. E depois de respostar a unha cuestión tan básica, igual precisa revisar outros conceitos sagrados e procurar un alimento intelectual máis diverso, pois axudan a controlar os gases supremacistas!

9 Manda carallo

Tí non es ben.