Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 11:00
Dende que o 23 de xullo de 2015 entriu en vigor a Lei de Xurisdición Voluntaria (LXV), 3.995 parellas contraeron matrimonio ou formalizaron o seu dirvorcio. Estes datos supoñen un 31,5% dos actos notoriais que se celebraron dende o 2015, do que se destaca que os divorcios case duplican o número de casamentos.
Durante os últimos seis anos casaron 1.349 parellas, mentres que se divorciaron ou separaron 2.646. No caso desta últimas, só é posible facer o trámite notorial se os cónxuxes están de acordo e non teñen fillos menores nin persoas con capacidade modificada xudicialmente ao seu cargo.
Con respecto aos datos interanuais, cómpre destacar o descenso de matrimonios no ano 2020, que se viron reducidos por mor da pandemia, especialemnte no segundo trimestre. En concreto oficializáronse 248 casamentos, mentres que no 2019 o número total foi de 356.
HERDANZAS
A Lei de Xurisdición Voluntaria tamén inclúe actos en materia de sucesións, sendo a declaración de herdeiros cando non existe testamento previo un dos actos de xurisdición voluntaria máis demandado polos cidadáns, e que leva anos realizándose ante notario. A Lei do 2015 ampliou as competencias aos notarios, que agora poden declarar como herdeiros a parentes colaterias como irmáns, sobriños tíos ou curmáns, ademais dos acendentes, descendentes e cónxuxes do falecido. Os actos relacionados con sucesións supoñen un 28,8% do total de celebrados en Galicia nos últimos seis anos.
Pola súa banda, os notarios tamén teñen a competencia para realizar o inventario dunha herdanza antes da súa aceptación ou renuncia, un acto que se triplicou dende o 2015.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.