"A Covid aumentou os casos de ansiedade e depresión de forma notable"

Os médicos de familia alertan dunh síndrome ansiosa con características depresivas que afecta a un gran número de poboación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/08/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, o lucense Lorenzo Armenteros, advertiu sobre os "problemas mentais" que está xerando a Covid.

Depresión
Depresión | Fonte: Gabriel Lamela

Así, destacou que "se incrementaron de forma notable os casos de ansiedade, as síndromes depresivas". Á súa vez apela a subida de "casos de abuso de alcol e doutras sustancias tóxicas".

"Durante a pandemia, durante a fase de confinamento e mesmo agora séguense detectando casos e así si habería que destacar unha patoloxía sería a síndrome ansiosa con características depresivas que afecta a un gran número de poboación. Isto maniféstase con estados de irritabilidad, de melancolía, de pranto", concluíu o portavoz da Sociedade Española de Médicos Xeneralistas e de Familia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta