As Rías Baixas aglutinan case a cuarta parte de hectáreas demandadas para polígonos de viñedo

O conselleiro de Medio Rural destacou a participación do sector vitivinícola para acollerese á lei de recuperación da terra agraria.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 03/08/2021 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

As Rías Baixas aglutinan case a cuarta parte das hectáreas demandadas polas denominacións de orixe vitivinícolas para polígonos de viñedo. En concreto, esta denominación de orixe solicitou recuperar para a plantación de vides máis de 2.200 hectáreas de terras en estado de abandono ou infrautilización, das máis de 10.000 trasladadas polas cinco denominacións de orixe dos viños galegos.

Así o resaltou o conselleiro de Medio Rural, José González, que este martes participou no acto de entrega de premios ás adegas ganadoras da edición número 69 da cata concurso da Festa do Albariño.

Fíxoo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luís Cabarcos, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

No acto, o conselleiro puxo en valor a participación do sector vitivinícola para acollerse a unha lei -a de recuperación da terra agraria de Galicia- pensada para comarcas como a do Salnés, segundo expuxo.

LEI DE CALIDADE ALIMENTARIA

Por outra banda, o director de Agacal, José Luís Cabarcos, acompañado do director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou en presentación dun informe sobre os custos de produción da mazá ecolóxica, elaborado por unha empresa auditora.

No acto, o director destacou que o Goberno galego está a traballar na actualización da Lei de Calidade Alimentaria, que data do ano 2005, "para reforzar a posta en valor dos produtos con figuras de protección", é dicir, os que están inscritos a algún selo de calidade.

O conselleiro de Medio Rural, José González, participa no acto de entrega de premios ás adegas gañadoras da Cata Concurso da Festa do Albariño. XUNTA
O conselleiro de Medio Rural, José González, participa no acto de entrega de premios ás adegas gañadoras da Cata Concurso da Festa do Albariño. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta