Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 21:00
A Asociación Monte Pindo denuncia que o Concello de Carnota anuncie a súa intención de pechar a ruta de Penafiel, un dos sendeiros máis populares do "Olimpo Celta". A medida do goberno local vén motivada polo mal estado do camiño e para previr posibles traxedias. No mes de xullo unha parella e un grupo de oito persoas extraviáronse no monte, sendo precisa a intervención de medios de rescate.
Ante o anunio por parte do Concello, a Asociación Monte Pindo denuncia que a administración "trate con desleixo un dos seus recursos máis valiosos e que lle xera máis afleuncia de visitantes", optando polo seu peche en vez de levar a cabo labores de limpeza e sinalización do percorrido. Critican que "decidan poñer cancelas ao Monte", cando se trata dunha ruta de menos de dous quilómetros.
Ante o anuncio, a Asociación recorda que no 2011 o populista José Oreiro propoñía nun debate electoral "converter o monte Pindo nun coto de caza maior". "Afortunadamente perdeu as eleccións e non puido poñer cancelas ao monte daquela, agardemos que agora tampouco se faga", comentan dende a asociación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.