Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 14:30
A empresa de solucións de traballo temporal e selección, Manpower, está ofrecendo máis de 220 vacantes de traballo a diferentes perfís de Galicia. Os máis demandados son para o sector industrial da alimentación. A empresa oferta máis de 150 postos como auxiliares de conserva, maquinistas industriais e condutores no sector da alimentación.
Outro dos perfís máis demandados en Galicia son a do sector indurtrial de automoción, no que a empresa busca máis de 100 profesionais como operarios mecánicos de automoción e maquinaria pesada, condutores, entre outros. Manpower tamén ofrece máis de 50 vacantes para teleoperadores en Call Center e máis de 20 no sector da sanidade, como poden ser fisioterapeutas, enfermeiros ou técnicos asistenciais.
Para estes postos de traballo, Manpower require diferentes competencias e habilidades como: competencias dixitais (capacidade de aprendizaxe), actitude positiva, proactividade, traballo en equipo ou habilidades de comunicación ou sociais. Desde a empresa indican que as vacantes que se ofertan "constitúen unha gran oportunidade para todas aquelas persoas que teñan motivación por desenvolverse e crecer profesionalmente en sectores de actividade en auxe".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.