O SERGAS anuncia ter liquidado o problema que impedía pedir citas a través da súa aplicación

Na mañá deste luns a aplicación non permitía pedir citas médicas nin contectarse coa clave de seguridade Chave 365.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2021 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) liquidou este luns o problema técnico que impedía pedir citar, entre outras xestións, a través da súa aplicación móbil.

Segundo informaron fontes da Consellería de Sanidade a aplicación funcionaba con sistema Android, pero non con IOS, o que quedou arranxado na tarde deste luns.

Na mañá deste luns a aplicación non permitía pedir citas médicas nin contectarse coa clave de seguridade Chave 365. No entanto, por parte da Consellería de Sanidade aseguraron que se traballou para arranxalo "canto antes".

O problema da aplicación móbil do Sergas sucedeu despois de que este pasado sábado a súa páxina web colapsase o sábado pola mañá tras abrirse a autocita para a vacinación duns 25.000 mozos.

Aplicación móbil do Sergas
Aplicación móbil do Sergas | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta