Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 22:15
O Movemento Arredista celebrará no Concello de Dodro este próximo xoves, 12 de agosto, unha homenaxa á figura de Moncho Reboiras. O acto farase no cemiterio de San Xoán de Lariño a partir das 13 horas. "Queremos homenxear a figura de Reboiras poñendo en valor a vixencia do compromiso militante na construción do poder popular", explica a organización nun comunicado.
Indican que teñen o "compromiso" de reivinciar a figura e o "exemplo militante" de Moncho Reboiras, "asasinado pola policía española hai 46 anos". Convidan a todos a participar neste acto de homenaxe "a quen levou o seu compromiso político até as súas últimas consecuencias, dado a vida por unha causa pola que seguimos a loitar", indican.
Ao rematar o acto celebrarase un xantar nunha carballeira acondicionada, amenizada con gaiteiros. No caso de que faga mal tempo, o xantar trasladarase a un lugar cuberto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.