Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2021 | Actualizada ás 21:00
O próximo xoves, 12 de agosto, diversos integrantes do colectivo "Non ao parque eólico do Castrove" estarán situados na praza da Chouza, en Combarro, entre ás 18 e as 21 horas. O seu obxectivo, segundo anuncian nun comunicado, é informar á poboación do proxecto de contrucción do paruqe eólico sobre o monte Castrove, "que afectaría e gran medida a toda a contorna no parque a ás poboacións próximas en varios quilómetros é redonda".
A plataforma terá a disposición do público alegacións para quen queira rexeitar este proxecto, "e así sumar forzas para defender o monte Castrove". Indican que cada vez son máis e de colectivos moi diferentes os que están reclamando, xa que "se está a dar unha situación parecida e moi alarmante en todo o rural galego", expón a plataforma.
O colectivo recalca que non están en contra da enerxía eólica senón que están en contra "deste modelo de enerxía e de especulación capitalista das grandes empresas" e finalizan que "non queremos aeroxeneradores tan preso das casas, queremos seguir vivindo tranquilos no rural".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.