Detectados máis de 700 novos contaxios por COVID en Galicia durante as últimas horas

A presión hospitalaria, por outra banda, mantense en Galicia, e mesmo repunta levemente, co ingreso de dous novos pacientes en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) e 4 novas persoas en unidades de hospitalización convencional.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/08/2021 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

A escalada de novos contaxios diarios de Covid mantense en Galicia, onde se confirmaron, nas últimas 24 horas, outros 706 casos, o que supón case un centenar de novos contaxiados máis que os notificados na xornada anterior. Con todo, grazas ás altas epidemiolóxicas, segue caendo o número global de casos activos na comunidade.

Segundo os datos feitos públicos este venres pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas deste xoves), rexistráronse 706 novos contagios en Galicia (fronte aos 613 novos contagios notificados hai un día), aínda que tamén se realizaron 887 probas diagnósticas máis, ata un total de 12.353 (PCR, test de antígenos e outras probas).

O número de novos contaxios creceu en todas as áreas, salvo na área sanitaria da Coruña, onde se confirmaron 153 novos casos (20 menos que os rexistrados a xornada anterior). Na área de Vigo confirmáronse 169 contaxios novos (10 máis que hai 24 horas), na área de Santiago rexistráronse 102 contagios (37 máis), na área de Lugo notificáronse 96 contaxios novos (33 máis), na área de Ferrol hai 67 contaxiados máis (10 máis), o número de contaxios novos en Ourense é de 60 (7 máis) e en Pontevedra son 59 casos novos (16 máis).

Con respecto ao número total de persoas coa infección activa, este descendeu en Galicia ata os 11.752 casos (367 menos), e baixou en todas as áreas sanitarias: na área da Coruña hai 3.648 casos activos de Covid (192 menos), en Vigo hai 2.935 casos (50 menos), en Lugo hai 1.282 casos (5 menos), en Santiago hai 1.174 casos (29 menos), en Pontevedra hai 1.128 casos (83 menos), en Ferrol hai 850 casos (3 menos) e na área de Ourense hai 735 casos activos (5 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

A presión hospitalaria, por outra banda, mantense en Galicia, e mesmo repunta levemente, co ingreso de dous novos pacientes en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) e 4 novas persoas en unidades de hospitalización convencional. Así, os hospitais galegos teñen 62 persoas con Covid en coidados críticos (dous máis que hai 24 horas) e 268 pacientes en 'planta' (4 máis).

Con respecto aos enfermos máis graves, a área sanitaria con máis pacientes en UCI é a da Coruña, con 19 ingresados (un máis); na área de Vigo hai 11 pacientes en UCI (un máis); en Ferrol hai 10 pacientes en UCI (un menos); en Ourense e en Lugo seguen 6 pacientes nestas unidades; os mesmos que en Santiago (onde hai un máis que a xornada anterior); e na área de Pontevedra permanecen 4 pacientes en coidados críticos.

CURADOS, FALECIDOS E PROBAS DIAGNÓSTICAS

Desde o inicio da crise sanitaria curáronse do Covid 159.081 persoas, das que 1.070 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Por contra, faleceron coa enfermidade 2.532 persoas. Os últimos decesos comunicados polo Sergas son os de tres homes, de 70, 89 e 91 anos de idade, que faleceron nas áreas de Ferrol, Ourense e A Coruña, respectivamente.

Con respecto ás probas de detección do virus, ata agora realizáronse en Galicia 2.688.532 probas PCR (máis de 6.000 nas últimas 24 horas), máis 758.000 test de antíxenos (3.448 na última xornada) e máis dun millón doutro tipo de probas de detección do Covid.

Segundo os datos publicados este venres polo Sergas, a porcentaxe de resultados positivos nas probas PCR practicadas ascendeu ata o 11,1 %, moi lonxe do 5 % que a OMS fixa como limiar para dar por controlada a pandemia.

Arquivo - AM.- Coronavirus.- Detectados 41 positivos nun cribado en Poio (Pontevedra). CONSELLERÍA DE SANIDADE - Arquivo
Arquivo - AM.- Coronavirus.- Detectados 41 positivos nun cribado en Poio (Pontevedra). CONSELLERÍA DE SANIDADE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta