A Covid segue golpeando á poboación máis vella a pesar de estar vacinada

O Sergas notificou seis falecidos con covid, todos eles por riba dos 71 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2021 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade notificou este luns seis falecidos que foran diagnosticados con coronavirus, tres deles o sábado 21 e outros tres o domingo 22, todos eles con patoloxías previas. Con eles, o total de mortos pola pandemia en Galicia elévase a 2.546.

En concreto, do día 21, informa da morte dun home de 71 anos en Povisa, procedente do Hospital e Clínica San Rafael de Vigo; outro de 83 anos que morreu no Chuvi e unha muller de 89, no Hula.

O 22 faleceu un home de 92 anos no Chop, outro de 73 no Chuac e unha muller de 91 anos tamén no Chop, segundo informa a consellería.

Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital
Sanitarios nunha ambulancia trasladando pacientes con covid-19 dunha residencia a un hospital | Fonte: Santi Alvite.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta