Por Europa Press / Redacción | Vigo | 24/08/2021 | Actualizada ás 10:12
O vento costeiro manterá en aviso amarelo ao litoral da Coruña este martes, xornada na que a conca do río Miño ao seu paso polo sur de Pontevedra e de Ourense continuará en alerta por altas temperaturas.
Deste xeito, a costa da provincia da Coruña estará en alerta amarela por ventos de forza sete durante toda a xornada do martes. O aviso manterase tamén para o mércores.
En canto ás altas temperaturas, os máis de 34 graos centígrados que se esperan no sur de Pontevedra e na conca do Miño na provincia de Ourense manterán estas zonas, xunto coa comarca de Valdeorras, en aviso por calor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.