Atopan a dúas millas da costa de Carballo o corpo dun home

Podería tratarse dun home desaparecido en Malpica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2025 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

Un barco pesqueiro localizou o cadáver dun home que estaba a flotar no mar, a dúas millas da praia de Baldaio, no municipio coruñés de Carballo. A investigación apunta a que podería ser un veciño de Malpica do que se denunciou a súa desaparición nos últimos días.

Segundo informan a Europa Press fontes da Garda Civil e do 112 Galicia, sobre as 14.10 horas recibíase o aviso na central de emerxencias por parte dos tripulantes desta embarcación que atopou o corpo. Seguidamente, informouse o achado a Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Carballo.

Ata o lugar desprazouse o Servizo Marítimo do Instituto Armado, que se fixo cargo da investigación. O corpo foi trasladado ao porto de Oza, na Coruña, e está á espera de que se identifique. Será a autopsia a que determine a causa do falecemento.

Patrulleira da Garda Civil na zona onde se localizou un 'narcosubmarino', a unha milla de Vilaxoán (Pontevedra), o 10 de marzo de 2023.. Gustavo da Paz - Europa Press
Patrulleira da Garda Civil na zona onde se localizou un 'narcosubmarino', a unha milla de Vilaxoán (Pontevedra), o 10 de marzo de 2023.. Gustavo da Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta