Pontevedra brincará coa V edición de Saltar na Rúa

A cidade recibirá o vindeiro 28 de agosto aos mellores saltadores galegos, que exhibirán as súas destrezas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 24/08/2021 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A Ponte do Burgo volverá ser escenario o vindeiro día 28 de agosto do programa Saltar na Rúa, que este ano celebrará a súa quinta edición. Saltadores de primeiro nivel como David Ferrer, Lucía Sánchez, Alfonso Palomares, Alba Cuns, Gerson Vidal, Lola Bouza e Lisa Vosberg exhibirán as súas destrezas en probas de lonxitude, triplo e pértega. 

Presentación da V edición de Saltar na Rúa
Presentación da V edición de Saltar na Rúa | Fonte: Concello de Pontevedra

A partir das 19.30 horas, a Ponte da Burga albergará o espectáculo, que por motivos de seguridade e para evitar posibles aglomeracións xa non se celebra na Praza da Ferrería, como se facía nas primeiras edicións. 

O progrma de Saltar na Rúa foi presentado este martes 24 na Sala de Prensa do Teatro Principal polo director técnico da Sociedade Ximnástica, Santi Ferrer, e o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández. Fernández destacou a "importancia de que o atletismo saia ás rúas de Pontevedra nunca iniciativa protagonizada por atletas de primeiro nivel".

Pola súa banda, Ferrer asegurou que o obxectivo desta iniciativa é "sacar o atletismo das pistas ás rúas de Pontevedra, para que a xente poida desfrutar dun espectáculo aínda bastante descoñecido para moitos e moitas". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta