Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 20:35
As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 2.570 tras a morte de dúas mulleres e dous homes que foran diagnosticadas coa covid-19.
En concreto, segundo informou a Consellería de Sanidade, trátase de dúas mulleres, unha de 87 e outra de 93 anos, que faleceron na residencia das Gándaras, en Lugo.
Ademais, morreu un home de 65 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e outro home de 75 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).
Conforme indicou Sanidade, todos eles presentaban patoloxías previas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.