O BNG denuncia o "incumprimento de cocientes e pregos" no centro de día da Farixa e pide á Xunta que actúe

Advirten de que o centro incumpre "numerosas condicións laborais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Os deputados do BNG, Noa Presas e Iago Tabarés, denunciaron xunto á edil Rhut Reza o "incumprimento de cocientes e pregos" no centro de día da Farixa e solicitaron a actuación inmediata da Xunta de Galicia. Os nacionalistas advertiron de que o centro "incumpre numerosas condicións laborais que xa foron denunciadas por organizacións sindicais" que afectan non só aos traballadores, senón tamén ás persoas usuarias e, por tanto, á calidade do servizo.

Neste sentido, Noa Presas trasladou que "non se respectan" os descansos nin as categorías laborais, tampouco as vacacións ou a cobertura de baixas, e que "se desvían traballadoras deste centro a outros, o que supón unha desviación de fondos públicos para a xestión de centros privados", aseverou a deputada.

Así mesmo, puxo de relevo que hai "unha escaseza de persoal" por mor da "falta de seguimento dos pregos". "Hai un incumprimento do cociente traballadoras. Está por baixo do requirido pola resolución do 2 de decembro de 2008 da Secretaría de Estado de Política Social, Familias e Atención á Dependencia e á Discapacidade", reclamou.

Presas comunicou que o cociente de titulados medios e superiores non superou nunca o 0.075 traballador/persoa usuaria que establecen os pregos. "Faría falta un 25% máis para que se cumpran xa que hai 40 prazas para usuarios", expuxo.

En canto ás categorías laborais subliñou que houbo longos períodos nos que quedaron sen cumprir prazas importantes tales como a de terapia ocupacional ou a persoa responsable do centro, unha cuestión que, subliñou, tivo que resolverse por vía xudicial.

NON PODEN DESENTENDERSE

Nesta mesma liña fixo saber que hai unha única persoa para encargarse da limpeza sen estar a xornada completa. Con todo iso criticou que o centro abriu no ano 2019 como "proxecto vangardista ao tratarse dun proxecto interxeneracional" dependente da Xunta de Galicia que "se concesionó a Atendo SL por medio millón de euros".

"Non poden asinar un cheque no 2019 e desentenderse", recriminou Presas. Por iso reclaman desde a formación que se acometa unha inspección, que "se corrixan estas deficiencias" e, se non é posible, que "a Xunta de Galicia interveña publicamente no centro de día e poña fin a esta concesión".

Rolda de prensa do BNG sobre o centro de día da Farixa. BNG
Rolda de prensa do BNG sobre o centro de día da Farixa. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pedro puy

Esta gente dice muchas tonterías. No es lo mismo número de plazas disponibles con ocupación La gran mayoría de cosas que dicen son falsedades y demuestran desconocimiento.