Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 20:44
A Consellería de Economía sacou a información pública dous proxectos eólicos de Capital Energy nos municipios coruñeses de Val do Dubra --en Vilartoxo-- e A Baña --en Barrosino--.
Diso informou este xoves a compañía nun comunicado, no cal expón que estas actuacións suporán un investimento duns 33 millóns de euros.
Vilartoxo e Barrosino terán unha capacidade de 40,5 megawatts (MW) e serán capaces de fornecer enerxía limpa a máis de 53.000 fogares galegos cada ano.
Capital Energy prevé que a súa construción comece no primeiro trimestre de 2023, o que suporá a creación de máis de 230 empregos e terá un impacto económico anual nas arcas locais, así como a través dos contratos de arrendamento, de case 280.000 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.