Barcos galegos capturados en augas comunitarias, son as condicións iguais para todos?
O prendemento en augas irlandesas de dous barcos con base en Burela supón un exemplo das diferenzas na aplicación dos regulamentos europeos. Existe unha normativa común mais as autoridades de cada país parecen aplicalas segundo os seus intereses internos, ou iso é o que se interpreta desde os portos da Mariña.