Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/09/2021 | Actualizada ás 12:48
O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimou a petición do Franco para que os seus peritos accedan ao Pazo de Meirás e realicen unha "análise técnica" dos bens mobles, segundo recolle o decreto asinado pola letrada de Xustiza este luns e ao que tido acceso Europa Press.
En concreto, acorda requirir ao Estado para que facilite o acceso a todas as instalacións interiores e exteriores do inmoble a dous peritos designados pola familia do ditador, "debendo fixar día e hora coa suficiente antelación para que se poida levar a efecto", engade.
Esta decisión responde o escrito presentado polos Franco no que argumentaban que o seu obxectivo era poder facer unha pericial que inclúa unha análise dos bens mobles "e o destino ou utilidade conferidos".
Para iso, consideraban "imprescindible" que se autorizase a entrada ao pazo para examinar "in situ" os mesmos, despois de que por parte do xulgado se convocase ás partes a unha comparecencia, o 22 de outubro, para determinar cales non poden ser retirados do pazo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.