Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2021 | Actualizada ás 13:56
O portavoz de Ciudadanos no Congreso, Edmundo Bal, mostrou o seu rexeitamento á ampliación do uso das linguas cooficiais no Senado e a intención das formacións nacionalistas e independendistas de estender desta práctica ao Congreso. Nunha rolda de prensa na Cámara Baixa, Bal recalcou que a iniciativa auspiciada por Junts no Senado e cuxa tramitación foi aceptada polo PSOE implicaría que o gasto para tradutores na Cámara Alta se tería que triplicar.
Ademais, aproveitou para cargar contra os socialistas por aceptar o "disparate" que, ao seu xuízo, supón a "imposición" da lingua cooficial en Baleares a servidores públicos como profesionais sanitarios ou membros das Forzas de Seguridade, e do "catalán" como "único idioma" nas Universidades de Cataluña. Na mesma liña, pediu que se tomen medidas para evitar que algúns libros de texto desa comunidade definan como "estranxeiros" os xentilicios "madrileño ou malagueño".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.