Por Europa Press / Redacción | Compostela | 17/02/2025 | Actualizada ás 15:32
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, evitou pronunciarse sobre a votación en contra do grupo popular sobre a oficialidade do galego e outras linguas en institucións europeas, limitándose a sinalar que el intervirá en galego este xoves na súa comparecencia no Comité das Rexións.
"Outra cousa son os recoñecementos oficiais e temas de status que teñen máis que ver co funcionamento europeo e con outro tipo de acordos que se me escapan", apuntou. Así se expresou este luns, na conferencia de prensa posterior á celebración do Consello da Xunta e en resposta ás preguntas dos medios de comunicación.
Sobre isto, explicou que el utilizará o galego para intervir este xoves no Comité das Rexións -- onde se centrará nos fondos de cohesión --, "un lugar apropiado para utilizar a lingua propia de Galicia e reivindicala, que creo que é algo moi bo". "Se teño a oportunidade de poder facelo" -- continuou Rueda --, "creo que o Comité é un ámbito apropiado para utilizar a lingua propia os que teñamos a sorte de tela".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.