Abre as súas portas en Pontevedra a feira Pont-Up Store con iniciativas empresariais máis femininas, sustentables e rurais

Por E.P. | Pontevedra | 24/09/2021 | Actualizada ás 16:52

Comparte esta noticia

Este venres foi inaugurada a feira do emprendemento Pont-Up Store que nesta ocasión presenta 40 iniciativas empresariais das que un 55% están lideradas por mulleres, cunha filosofía empresarial envorcada na sustentabilidade e radicadas nas contornas máis rurais, nos que están implantadas case a metade das novas empresas que participan neste encontro.

Encontro de participantes do Pont-Up Store.
Encontro de participantes do Pont-Up Store.

Tamén este venres se puxo en marcha a plataforma dixital_pontup, un espazo virtual que permitirá manter a actividade da comunidade emprendedora galega durante todo o ano, con experiencias inmersivas que van desde visitas virtuais a empresas con compra incluída, ata a organización de eventos en liña relacionados co mundo do emprendimiento.

Á apertura da carpa situada na Praza de España de Pontevedra asistiron este venres o alcalde da capital, Miguel Anxo Fernández Lores; o vicerreitor do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, Jorge Soto; e o director do encontro, Pedro Figueroa, entre outros representantes de institucións e entidades empresariais privadas.

Pedro Figueroa explicou que a crise provocada pola Covid-19 obrigou a pechar moitos negocios, pero tamén espertou a audacia de moitos emprendedores que se atreveron a lanzar os seus produtos e servizos no medio dun contexto altamente incerto pero con novas necesidades que poden ser aproveitadas.

Neste sentido, o Pont-Up Store decidiu premiar ese emprendemento valente. Este evento reúne iniciativas de múltiples sectores, desde a alimentación, a cultura, a mobilidade ou o medio ambiente.

O vicerreitor remarcou a colaboración entre diferentes institucións neste tipo de iniciativas, que contribúen a que o campus poida "integrarse máis e máis nesta cidade".

Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra subliñou a importancia desta iniciativa para "mostrar o talento que teñen neste momento Pontevedra como Galicia", onde existen "exemplos de emprendemento de vangarda" e vinculado a "valores como a defensa do medio ambiente e a economía sustentable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta