Aquagest vía a Lores “muy cariñoso”

O sumario da Operación Pokemon revela que os directivos de Aquagest xantaron e reuníronse varias veces co alcalde de Pontevedra. Ademais, por indicación de Miguel Anxo Lores, o tesoureiro do BNG acudiu á sede desta empresa, un dos focos da Operación Pokemon, sobre o suposto suborno a políticos a cambio de contratas.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 07/02/2014 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

No sumario hai tamén referencia a unha reunión de Aquagest co concelleiro de Facenda de Pontevedra. Tamén hai datos doutra reunión dos directivos de Vendex -outra das empresas presuntamente corruptoras -en Pontevedra na que se leron os pregos de varias contratas. Ante estes datos a Policía deixa constancia que as súas investigacións son por reunións sobre “presuntamente trafico de influencias con el fin de hacerse con el concurso el servicio de Grua de Pontevedra”.

Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon
Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon

Ningún político ou funcionario do Concello está imputado. A xuíza Pilar de Lara tampouco pediu, que se saiba, documentación ao municipio sobre contratos con Aquagest. Parte do sumario segue sendo segredo porque hai aspectos da investigación sen pechar. 

Versión do Concello

GC ofreceu ao Concello de Pontevedra a oportunidade de dar a súa versión do recollido no sumario. Voceiros oficiais do municipio responderon que non se fan declaracións sobre este asunto e sobre ningunha causa xudicial que aínda estea aberta. Ademais, confirmaron que non se pediu documentación ao municipio e que a única contrata que hai con Aquagest está vixente dende cando o PP gobernaba a capital do Lérez.

Lores xantou con  José Luis Miguez Rey, xerente da empresa e detido na Operación. A comida foi organizada por Aquagest no restaurante a Casa da Viña en Santiago. Os axentes tomaron fotografías do alcalde e resumiron así o encontro: 

Xerente de Aquagest detido na Manga, parte da Operación Pokemon, José Luís Míguez
Xerente de Aquagest detido na Manga, parte da Operación Pokemon, José Luís Míguez | Fonte: CRTVG.es

Que, aproximadamente a las 14:45 horas , Míguez hace señales con la mano al vehículo Citroen, C* azul , matrícula 65** G**, para que aparque donde se encuentra él. Del coche salen Casimiro González Fernández, que lo conduce, y Miguel Anxo Fernández Lores , Alcalde de Pontevedra. Ambos individuos son recibidos por Míguez, quien después de saludarlos los acompaña hasta la

puerta del restaurante.

“Muy cariñoso”

Despois dese xantar, a Policía intercepta outra conversa na que e ve que Lores tratou con Míguez a renovación da contrata da auga. En opinión de Míguez, Lores está sendo “muy cariñoso” polo que non debería haber problema para renovar:

Recordar que el día 17-04-12, sobre las 12:40 horas, José Luis Miguez Rey (teléfono 626+++++++) recibe llamada de Nuria (teléfono corporativo 19850) : Nuria le pasa con un hombre sin identificar (...) Miguez le dice que lo más importante era renovar Santiago pero que se han reunido con el alcalde de Pontevedra que se mostró muy cariñoso con Henry y les pidió que le echasen una mano y la mano es la renovación, Henry está preparando unos números para hacérselos llegar, Pontevedra vence en el 2017.

Chamada do tesoureiro do BNG a Aquagest por indicación de Lores

Vigilancia Aduanera tamén deixa constancia de como o responsábel de finanzas do BNG chamou a outro dos directivos de Aquagest detidos na Operación Pokemon por subornar políticos para “ver cual es la mejor solución para todos”. A chamada para esa reunión foi efectuada dende o número fixo da Sede Nacional do BNG e por indicación do alcalde de Pontevedra. Así o resume a Policía:

Que el día 24-05-12, sobre las 15:03 horas, Henry Laiño López (teléfono 650*) recibe llamada de Xosé Gontá (teléfono 9815558**): que llama de parte de Miguel Femández Lores el alcalde de Pontevedra, que no sabe si le comentó él y que era para quedar con Henry y hablar del asunto que hablaron los dos y ver cuál es la mejor solución para todos. Henry dice que sí y para quedare en Rúa del Villar n° 18 está la oficina quedan el lunes a las doce y media. 

Xosé Gontá foi durante moitos anos o responsábel de finanzas do Bloque a nivel galego e administrador de varias camapañas electorais. Na conversación acorda quedar co empresario presunto corruptor na sede de Aquagest en Santiago. Velaquí a conversa completa:

HENRY LAÍÑO FERNÁNDEZ (H): ¿Sí, sí?.

XOSÉ GONTÁ SOBRINO (G): ¿Sí, Henry?.

H: ¿Sí?.

G: Mira, te llamo de parte de Miguel Fernández Lores, el alcalde de Pontevedra...

H: Sí, sí.

G: Me llamo Xosé, Xosé Gontá, no sé si te comentó él...

H: Sí, sí, sí, claro que sí, ¿qué tal, cómo estás?.

G: Mira, eh, vamos a ver, quería quedar contigo si puede ser algún día de éstos, para hablardel asunto que hablasteis los dos...

H: Sí, sí, sí.

G: ... y comentar ahí a ver que solución es la mejor para todos, ¿vale?.

H: Vale, pues, mira yo...

G: Dime tú.

H: ... yo el ... eh, estoy en Santiago, ¿tú dónde estás, en Santiago?.

G: En Santiago, sí.

H: Yo en Santiago estoy el lunes en la mañana.

G:Vale.

H: Por ejemplo, si te viene bien el lunes en la mañana...

G: Perfecto, perfecto, perfecto.

H: ... mi oficina está, mi oficina está en la rúa ... en la rúa del Villar, ¿sabes?, no sé si sabes dónde está, en la rúa del Villar, número dieciocho.

G: Sí.

H: Ahí está mi oficina, si vienes ... por ejemplo a las...

G: Dime una hora.

H: ... pues mira, sobre las doce y media a mí me viene perfecto.

G: Doce y media, perfecto, pues allí estoy.

H: Entre do, entre doce y una, yo hasta las dos estoy allí más o menos, a las dos tengo que

salir pero entre doce y dos estoy allí, ¿vale?.

G: Vale, pues entonces sobre las doce y media me... me... me paso por tu oficina entonces,

¿vale?.

H: Estupendo, gracias, hasta lueguito.

G: Perfecto, pues muchísimas, muchísimas gracias, ¿eh?, un saludo...

H: Nada, a ti, a ti, un saludo, chao.

No sumario aparecen outros contactos entre Lores, concelleiros, funcionarios e os empresarios presuntamente corruptores.  Por exemplo, esta conversa na que o xerente de Aquagest -detido na Pokemon- recibe unha chamada do  director de zona de Aquagest, Casimiro González Fernández, para visitar a Lores no Concello:

Que el día 06/09/2012, sobre las 09:09 horas, José Luis Míguez Rey (teléfono 626+++++++) recibe llamada de Casimiro (teléfono corporativo 80856) Míguez de Casimiro. Quedan a las 09:30 en el Ayuntamiento (de Pontevedra) para ver al Alcalde (Miguel Anxo Fernández Lores).

Vendex quería a contrata da grúa

Con anteriodade, a Policía seguira tamén a José María Tutor, delegado de Vendex, outra das empresas presuntamente corruptoras d trama Pokemon, até Pontevedra. Os axentes mesmo deixan constancia de que un “ individuo de unos treinta y cinco años, pelo castaño y un poco ondulado y de estatura media” reúnese con Tutor nunha cafetaría preto do Concello. O policía escoita falar sobre “una Ordenanza Municipal y un pliego de condiciones de la grúa; además de estos comentarios se dedican a la lectura en detalle de los documentos. Asim ismo escucha hablar de los posibles beneficios y los márgenes le establece la ordenanza municipal”. A continuación, os axentes describen como Tutor e o seu acompañante entran en varios edificios do Concello de Pontevedra. 

A Policía botou meses investigando na Capital do Lérez. Así en Marzo controlaron “una reunión en esta localidad de Casimiro González Fernández , junto con José María Tutor Lemas a la que podría sumarse Raimundo González Carballo , concejal de Hacienda del Concello de Pontevedra“, xuntanza que non tivo lugar finalmente. Aquagest sigue traballando en Pontevedra até o 2017, que será cando caduque a contrata que no seu día se asinou cun alcalde do PP por 25 anos.

Xosé Gontá, ex-responsábel de finanzas do Bloque, quen contactou con Aquagest por indicación de Lores
Xosé Gontá, ex-responsábel de finanzas do Bloque, quen contactou con Aquagest por indicación de Lores | Fonte: BNG Teo
Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon
Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 121 comentarios

70 Alicia

Y estos delincuentes de Aquagest siguen en la calle? Pais de pandereta!

69 visma

Este medio é de CxG, non o sabiades?

68 undevijo

Hai que manter a todolos vagos/liberados do bñg-cig-sermos e demais chiringuitos patrióticos....que son moitos.....

67 Doutor Moreno

Poderiamos dicer que, desta, o competente Lores librou polos pelos posto que en plenos prolegómenos produciu-se o coitus interruptus (caso pokemon) e, en todo caso, o orgasmo estaba previsto para o 2017!!.....Como lección, e aviso a navigadores, suponho que lle abondará........ Que perigo tén o poder...e máxime cando é prolongado!!!!.

66 m7Jx

Vaian os upegalliños tomando unha tiliña que non cola. Aquí todos están pringados, moi probablemente tamén a ferrolita, tanto pola súa orixe familiar (que unha vez que entrou na política profesional non saiu), como porque fixo Dereito e se meteu na política sen previsións de que saia. Pero os upegallos tamén están fozados co mesmo. Ao mellor, salvo excepcións, non roubaban para eles, pero os Carromeiros están aí e todos sabemos que as organizacións políticas se financian de xeito irregular. E despois está o tema dos enchufes, por exemplo na Coruña onde os do PP se queixaron ao responsable de Vendex porque enchufara a moita xente do BNG. Tamén está a corrupción legal, o xeito como subvenciona aos seus o BNG cando chega ao poder. Relax...

1 melro

oes, iso de carromero xa está moi oído, a ver se o denunciades dunha p... vez nos xulgados, en vez de andar lanzando especulacións sen fundamento contra os demais, luz e taquígrafos, e o que metera a man, que lla corten, pero acusar sen fundamento tampouco, meu, ese é o xogo do PP, enmerdar a todos, e máis aproveitando o anonimato destes foros

2 m7Jx

Se queres falamos de Blanco que lle toca a lotaria, do Bazarra traballando para Dorribo, ou Clara Millan e Caixanova en Masso en Cangas, en 2012. De que alguén sexa claramente culpable, ou cheire que confunda como o de Gontá, non se sigue que necesariamente se poidan aportar probas nos tribunais. E insisto que está ademais a corrupción legal, o xeito de repartir subvencións aos correlixionarios, ao Sermos, ou a Tito para a memoria histórica que lle deron tres millóns de pavos, tres, por facer unha base de datos, sen que se saiba o que pagaba aos becarios que lla fixeron ou o que custou en realidades. Sen que iso sexa obstáculo para que pontifique contra a corrupción.

3 JBdenovo

Se queres falamos de quen vos paga por lanzar especulacións, sendo como sodes os máis corruptos e os que levades arruinando este país dende que existen datos. Denunciade ou calade, mamandurriantes. Falamos tamén de cal é a mellor cidade para vivir de Galiza e de porqué, donde goberna o PPsoe sodes noticia mundial porque caen montes de lixo, vos denuncian ante a CE por encher as rías de productos tóxicos ou pagades para que vos vaian a recoller pasaxeiros ao aeroporto? Ídevos a lavar PPorcos! está claro que os centos de millóns que roubades son os que vos dan tanta soberbia.