Aquagest vía a Lores “muy cariñoso”

O sumario da Operación Pokemon revela que os directivos de Aquagest xantaron e reuníronse varias veces co alcalde de Pontevedra. Ademais, por indicación de Miguel Anxo Lores, o tesoureiro do BNG acudiu á sede desta empresa, un dos focos da Operación Pokemon, sobre o suposto suborno a políticos a cambio de contratas.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 07/02/2014 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

No sumario hai tamén referencia a unha reunión de Aquagest co concelleiro de Facenda de Pontevedra. Tamén hai datos doutra reunión dos directivos de Vendex -outra das empresas presuntamente corruptoras -en Pontevedra na que se leron os pregos de varias contratas. Ante estes datos a Policía deixa constancia que as súas investigacións son por reunións sobre “presuntamente trafico de influencias con el fin de hacerse con el concurso el servicio de Grua de Pontevedra”.

Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon
Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon

Ningún político ou funcionario do Concello está imputado. A xuíza Pilar de Lara tampouco pediu, que se saiba, documentación ao municipio sobre contratos con Aquagest. Parte do sumario segue sendo segredo porque hai aspectos da investigación sen pechar. 

Versión do Concello

GC ofreceu ao Concello de Pontevedra a oportunidade de dar a súa versión do recollido no sumario. Voceiros oficiais do municipio responderon que non se fan declaracións sobre este asunto e sobre ningunha causa xudicial que aínda estea aberta. Ademais, confirmaron que non se pediu documentación ao municipio e que a única contrata que hai con Aquagest está vixente dende cando o PP gobernaba a capital do Lérez.

Lores xantou con  José Luis Miguez Rey, xerente da empresa e detido na Operación. A comida foi organizada por Aquagest no restaurante a Casa da Viña en Santiago. Os axentes tomaron fotografías do alcalde e resumiron así o encontro: 

Xerente de Aquagest detido na Manga, parte da Operación Pokemon, José Luís Míguez
Xerente de Aquagest detido na Manga, parte da Operación Pokemon, José Luís Míguez | Fonte: CRTVG.es

Que, aproximadamente a las 14:45 horas , Míguez hace señales con la mano al vehículo Citroen, C* azul , matrícula 65** G**, para que aparque donde se encuentra él. Del coche salen Casimiro González Fernández, que lo conduce, y Miguel Anxo Fernández Lores , Alcalde de Pontevedra. Ambos individuos son recibidos por Míguez, quien después de saludarlos los acompaña hasta la

puerta del restaurante.

“Muy cariñoso”

Despois dese xantar, a Policía intercepta outra conversa na que e ve que Lores tratou con Míguez a renovación da contrata da auga. En opinión de Míguez, Lores está sendo “muy cariñoso” polo que non debería haber problema para renovar:

Recordar que el día 17-04-12, sobre las 12:40 horas, José Luis Miguez Rey (teléfono 626+++++++) recibe llamada de Nuria (teléfono corporativo 19850) : Nuria le pasa con un hombre sin identificar (...) Miguez le dice que lo más importante era renovar Santiago pero que se han reunido con el alcalde de Pontevedra que se mostró muy cariñoso con Henry y les pidió que le echasen una mano y la mano es la renovación, Henry está preparando unos números para hacérselos llegar, Pontevedra vence en el 2017.

Chamada do tesoureiro do BNG a Aquagest por indicación de Lores

Vigilancia Aduanera tamén deixa constancia de como o responsábel de finanzas do BNG chamou a outro dos directivos de Aquagest detidos na Operación Pokemon por subornar políticos para “ver cual es la mejor solución para todos”. A chamada para esa reunión foi efectuada dende o número fixo da Sede Nacional do BNG e por indicación do alcalde de Pontevedra. Así o resume a Policía:

Que el día 24-05-12, sobre las 15:03 horas, Henry Laiño López (teléfono 650*) recibe llamada de Xosé Gontá (teléfono 9815558**): que llama de parte de Miguel Femández Lores el alcalde de Pontevedra, que no sabe si le comentó él y que era para quedar con Henry y hablar del asunto que hablaron los dos y ver cuál es la mejor solución para todos. Henry dice que sí y para quedare en Rúa del Villar n° 18 está la oficina quedan el lunes a las doce y media. 

Xosé Gontá foi durante moitos anos o responsábel de finanzas do Bloque a nivel galego e administrador de varias camapañas electorais. Na conversación acorda quedar co empresario presunto corruptor na sede de Aquagest en Santiago. Velaquí a conversa completa:

HENRY LAÍÑO FERNÁNDEZ (H): ¿Sí, sí?.

XOSÉ GONTÁ SOBRINO (G): ¿Sí, Henry?.

H: ¿Sí?.

G: Mira, te llamo de parte de Miguel Fernández Lores, el alcalde de Pontevedra...

H: Sí, sí.

G: Me llamo Xosé, Xosé Gontá, no sé si te comentó él...

H: Sí, sí, sí, claro que sí, ¿qué tal, cómo estás?.

G: Mira, eh, vamos a ver, quería quedar contigo si puede ser algún día de éstos, para hablardel asunto que hablasteis los dos...

H: Sí, sí, sí.

G: ... y comentar ahí a ver que solución es la mejor para todos, ¿vale?.

H: Vale, pues, mira yo...

G: Dime tú.

H: ... yo el ... eh, estoy en Santiago, ¿tú dónde estás, en Santiago?.

G: En Santiago, sí.

H: Yo en Santiago estoy el lunes en la mañana.

G:Vale.

H: Por ejemplo, si te viene bien el lunes en la mañana...

G: Perfecto, perfecto, perfecto.

H: ... mi oficina está, mi oficina está en la rúa ... en la rúa del Villar, ¿sabes?, no sé si sabes dónde está, en la rúa del Villar, número dieciocho.

G: Sí.

H: Ahí está mi oficina, si vienes ... por ejemplo a las...

G: Dime una hora.

H: ... pues mira, sobre las doce y media a mí me viene perfecto.

G: Doce y media, perfecto, pues allí estoy.

H: Entre do, entre doce y una, yo hasta las dos estoy allí más o menos, a las dos tengo que

salir pero entre doce y dos estoy allí, ¿vale?.

G: Vale, pues entonces sobre las doce y media me... me... me paso por tu oficina entonces,

¿vale?.

H: Estupendo, gracias, hasta lueguito.

G: Perfecto, pues muchísimas, muchísimas gracias, ¿eh?, un saludo...

H: Nada, a ti, a ti, un saludo, chao.

No sumario aparecen outros contactos entre Lores, concelleiros, funcionarios e os empresarios presuntamente corruptores.  Por exemplo, esta conversa na que o xerente de Aquagest -detido na Pokemon- recibe unha chamada do  director de zona de Aquagest, Casimiro González Fernández, para visitar a Lores no Concello:

Que el día 06/09/2012, sobre las 09:09 horas, José Luis Míguez Rey (teléfono 626+++++++) recibe llamada de Casimiro (teléfono corporativo 80856) Míguez de Casimiro. Quedan a las 09:30 en el Ayuntamiento (de Pontevedra) para ver al Alcalde (Miguel Anxo Fernández Lores).

Vendex quería a contrata da grúa

Con anteriodade, a Policía seguira tamén a José María Tutor, delegado de Vendex, outra das empresas presuntamente corruptoras d trama Pokemon, até Pontevedra. Os axentes mesmo deixan constancia de que un “ individuo de unos treinta y cinco años, pelo castaño y un poco ondulado y de estatura media” reúnese con Tutor nunha cafetaría preto do Concello. O policía escoita falar sobre “una Ordenanza Municipal y un pliego de condiciones de la grúa; además de estos comentarios se dedican a la lectura en detalle de los documentos. Asim ismo escucha hablar de los posibles beneficios y los márgenes le establece la ordenanza municipal”. A continuación, os axentes describen como Tutor e o seu acompañante entran en varios edificios do Concello de Pontevedra. 

A Policía botou meses investigando na Capital do Lérez. Así en Marzo controlaron “una reunión en esta localidad de Casimiro González Fernández , junto con José María Tutor Lemas a la que podría sumarse Raimundo González Carballo , concejal de Hacienda del Concello de Pontevedra“, xuntanza que non tivo lugar finalmente. Aquagest sigue traballando en Pontevedra até o 2017, que será cando caduque a contrata que no seu día se asinou cun alcalde do PP por 25 anos.

Xosé Gontá, ex-responsábel de finanzas do Bloque, quen contactou con Aquagest por indicación de Lores
Xosé Gontá, ex-responsábel de finanzas do Bloque, quen contactou con Aquagest por indicación de Lores | Fonte: BNG Teo
Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon
Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 121 comentarios

55 Un ensuciador

El otro día pase por las oficinas de la empresa de aguas y estuve muy amable, se podría decir cariñoso, con una de las empleadas. Ahora que lo pienso no me estraña nada porque fue correcta y amable, y además era guapa. Pregunto a GC sera delito mi comportamiento?

54 Xncv

Bazarra - BNG- acaba de ser desimputado da Campión. Berrade agora porc.s! Sairá isto na portada deste panfleto chamado GC?

1 cozupeideiro

Xa sae en La Coz que agora é o xornal dos bngupegallos

53 Roberto Vieito

É unha vergoña o que está a suceder, todo tipo de empresas de todos os sectores e todo tipo de partidos con algunha cuota de poder. Sorprendeume moito ver o o Concello de Santiago e as axencias de colocación tecnolóxica como son Plexus e Balidea. Supoño que isto seguirá destapándose e tamén acabaremos descubrindo a burbulla tecnolóxica co "Plan polas TIC" de todos os fondos que está destinando Amtega a colocar a amigos a través deste novo chiringuito... Por favor que se descubran todas as vergoñas deste país para comezar de 0, é necesario.

52 O Partido

Os regalos que recibian os concelleiros do BNG de Vendex, publicos e publicados en outros medios, que favores pagaban? Confundir partido (responsable de finanzas) con institucion (concello) non sera delito, mais cheira que fede, imaxinade que fose do PP, os caladiños e os apagalumes do BNG serian piromanos da liberdade! Teño noxo dos merendiñas e agachados do PP, sinto arrepios cando os progres tapades a corruptela segundo o lado que veña: sodes uns miserables vendidos!

1 Rayleigh

Entendo que vostede non é "progre"...Os que tapan, non son precisamente "progres", meu neno. Ou hai que recordar os discos duros que son borrados "sen querer"? Ou as declaracións de "colaborar coa xustiza" o mesmo tempo que contestas con monosílabos ou alegas amnesia? Confundir partido con institución, supoño que te referirás a Bárcenas e o concello de Madrid, non? Pos si, cheira que fede. Ou eres o típico par.iño do PP que non cheira a súa m.rda e acusa os demáis de facer o mesmo?

2 Rayleigh

Entendo que vostede non é "progre"...Os que tapan, non son precisamente "progres", meu neno. Ou hai que recordar os discos duros que son borrados "sen querer"? Ou as declaracións de "colaborar coa xustiza" o mesmo tempo que contestas con monosílabos ou alegas amnesia? Confundir partido con institución, supoño que te referirás a Bárcenas e o concello de Madrid, non? Pos si, cheira que fede. Ou eres o típico par.iño do PP que non cheira a súa m.rda e acusa os demáis de facer o mesmo?

3 O Partido

Ray, mirate ao espello: ti tapas, o que ti ves en Barcenas e Madrid quedou evidenciado en Gonta e Pontevedra... Por certo, eu considero que ti es "progre", polo menos tanto como os do PP! Ou es un pepeiro tratando de rirse dos nacionalistas con argumentos tan baixos, ou tes unhas tragadeiras maiores que os do propio PP. Por iso es o meu modelo de "progresia"! E non falemos dos teus arrebatos racistas, contra o luso, que os de vello coñecemos o raposo. Sera raposo ou sera animadora do foro...

4 O Partido

Ray, mirate ao espello: ti tapas, o que ti ves en Barcenas e Madrid quedou evidenciado en Gonta e Pontevedra... Por certo, eu non son "progre" (ser de esquerdas era outra cousa, lembras?), e considero que ti es "progre", polo menos tanto como os do PP! Ou es un pepeiro tratando de rirse dos nacionalistas con argumentos tan baixos, ou tes unhas tragadeiras maiores que os do propio PP. Por iso es o meu modelo de "progresia"! E non falemos dos teus arrebatos racistas, contra o luso, que os de vello coñecemos o raposo. Sera raposo ou sera animadora do foro...

5 O Partido

Ray, mirate ao espello: ti tapas, o que ti ves en Barcenas e Madrid quedou evidenciado en Gonta e Pontevedra... Por certo, eu non son "progre" (ser de esquerdas era outra cousa, lembras?), e considero que ti es "progre", polo menos tanto como os do PP! Ou es un pepeiro tratando de rirse dos nacionalistas con argumentos tan baixos, ou tes unhas tragadeiras maiores que os do propio PP. Por iso es o meu modelo de "progresia"! E non falemos dos teus arrebatos racistas, contra o luso, que os de vello coñecemos o raposo. Sera raposo ou sera animadora do foro...

51 Rayleigh

Sería interesante que en vez de escribir libelos deste tipo, os de GC confidencial dedicaran un artigo no que explicaran as súas verdadeiras intencións. Por que xa non é nin 1 nin 2, os artigos onde meten a zoca tentando enm.rdar ó BNG. Nótase certa desesperación que me gostaría saber a que obedece. Ou a quen obedece. Iso si...logo pasan o platillo das aportacions voluntarias para pagar o chiringuito entre os galeguistas...Presumen de independencia, iso faino calqueira. Tamén o ABC e La Razón pasando polo El País, presumen delo. As palabras levaseas o vento. Xa está ben de palabras e máis acción.

1 Si guana

Estupendo Ray, se me presento eu a negociar en nome do alcalde de Pontevedra, tamen aplaudes coas orellas? Pois iso, non te fagas o tontiño, o das finanzas do BNG, tal como o Barcenas do PP, non representan nada do concello de Pontevedra. Que fai un ninguen, ou un moito por ser quen leva a caixa dos caudais do BNG, negociando en nome dun alcalde? Cando respostes non te poñas colorado, nin apretes o cuiño!

2 SantiBurringuez

Satamente, Ray. Ao BNG téñenlle envidia porque o vello de Beiras o único que quere é pactar cos comunistas españois para joder a Galiza y ao BNG, que últimamente xa sabemos que está arrasando, non como esos mindundis da AGE y Anova, que son unhos traidores a Galiza. A xente todavía non se deu conta de todo, pero pronto esos de Beiras y Yolanda van a caer en picado nas eleccións, xa o verás, querido Ray, que ti eres un fenómeno. Chao, que me vou a ver "a verbena de la paloma".

3 Chocoguagua

Sabes a historia do "Premio Intermodes"? Pois vai sabendo

4 Rayleigh

Xa está o trol chorando..Que temos? Ah si! O dos paneis de Ourense que foron imputados SEN COMETER DELITO NINGÚN. Os choromiqueiras do Carrumeiro que despois de SEIS ANOS seguen acordándose de algo do que só existe UN ARTIGO dese xornal tan imparcial como é a La Voz. E agora teñen algo que en GC é publicado con frases como "Ningún político ou funcionario do Concello está imputado. A xuíza Pilar de Lara tampouco pediu, que se saiba, documentación ao municipio sobre contratos con Aquagest". Unha contrata colocada polo PP no 1992.

5 SantiBurringuez

Mira, Rayciño, eu boto en falta os tempos do Quin, ese fenómeno que tiñamos no BNG y todavía non apareceu ninguén como el. Ese BNG é o que necesitamos sin facer caso das calumnias que se inventan porque saben que o BNG os vai a deixar a todos esos ben fodidos porque a única esquerda en Galiza chámase BNG. Me dá a min a impresión, ¿verdá que si, Ray? ¿Quen é, como se chama? Quin-ta-na. Bueno, Ray, ¿que me contas agora que xa chega o carnaval? Vas a ver que ben organizamos en Vigo a queima do Meco. Y o espectáculo dos "merdeiros", jajajaj, eu son un.