Compostela Monumental alerta da "perda irreparable" do peche de oficinas bancarias no centro histórico santiagués

Piden ao Concello de Santiago que "medie" para paliar o "déficit" de servizos no casco histórico compostelán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2021 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental mostrouse "preocupada" ante o peche "inminente" de oficinas bancarias no centro histórico de Santiago. A asociación, segundo sinalaron nun comunicado, solicitou ao Concello de Santiago que "medie" para evitar a perda de servizos financeiros na "améndoa".

Así, remarcaron que ao recente peche da oficina que o Banco Sabadell Galego ten na rúa do Preguntoiro, súmase a "mítica" oficina do BBVA na rúa do Villar, o que supón "unha perda irreparable".

"Trátase dunha perda irreparable de servizos fundamentais para a nosa contorna, xa non só para o sector empresarial e comercial senón que tamén para veciños, clientes e turistas", apuntou o presidente dos comerciantes e empresarios da zona monumental, José Manuel Bello Rey.

É por este motivo que Bello Rey considera "fundamental" que o municipio leve a cabo "as xestións necesarias" para paliar este "déficit" que "sofre" o caso histórico compostelán e que tente "mediar" neste sentido para "evitar o peche de oficinas cun volume de negocio e de clientes moi importante".

Varias persoas nunha rúa do centro de Santiago de Compostela, a 31 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
Varias persoas nunha rúa do centro de Santiago de Compostela, a 31 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta