Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2021 | Actualizada ás 12:15
Galicreques, que se celebra en Santiago entre o 9 e o 17 de outubro, acollerá a estrea de catro compañías galegas: Caramuxo, Monicreques Alakrán, A Xanela do Maxín e Moving Compass.
A primeira estrea será a de Caramuxo Teatro, que o 9 de outubro, presentará 'A meniña que vivía nunha caixa de mistos', dirixida por Juan Rodríguez, quen coprotagoniza a obra xunto a Laura Sarasola coa banda sonora de Davide González.
Pola súa banda, a compañía galego-francesa Moving Compass estreará no Teatro Principal o 13 de outubro a obra 'TACÃO', que presenta a un adolescente que descobre a súa identidade e o seu corpo.
O 14 de outubro, Monicreques Alakrán dará a coñecer a súa obra 'Desconexión', mentres que A Xanela do Maxín fará o propio o 15 de outubro coa peza 'Leonardo e vos Biosbardos'.
Galicreques está organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio de Agadic, o Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación SGAE.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.