Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/10/2021 | Actualizada ás 13:52
O presidente da Federación Galega de Kickboxing, Cipriano A. Gomes, comparecerá este proximo día 5 Outubro ás 9:30 ante o xulgado de instruccion numero 2 de Ourense acusado dun presunto delito de falsificacion de documentos.
A denuncia foi interposta por unha vintena de denunciantes e do propio ministerio fiscal. Segundo apuntan fontes do mundo do Kickboxing, A. Gomes xa foi condenada no 2017 a dous anos de prision e inhabilitación por delitos similares.
Por outra banda, Cipriano a. Gomes, en declaracións a este medio, asegura que, polo momento non hai ningunha acusación, senón que iso o decidirá este martes un tribunal. "Aquí o que hai é moitos intereseses por parte dalguén en enlamar o meu nome e crear dúbidas e sospeitas", apunta. Ademais, lembra que outras causas semellantes xa foron arquivadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.