O Consello da Xunta declarará este xoves o loito oficial pola morte do conselleiro de Facenda

Natural de Aldán, en Cangas --aínda que residía en Bueu--, Martínez naceu en 1961. Era licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2021 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta reunirase este xoves, día 7 de outubro, para declarar loito oficial tras a morte do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. Diso informaron fontes do Goberno galego, que sinalan que a axenda da Xunta para o xoves foi suspendida, na que figuraba un acto do máximo mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, en Madrid.

En concreto, o titular de Facenda, Valeriano Martínez, faleceu este mércores en Santiago, con 60 anos, por mor dunha parada cardiorrespiratoria cando se atopaba traballando no seu despacho de San Caetano, segundo informaron fontes da Xunta.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, dirixíase cara ao acto de Conxemar, en Vigo, cando foi informado da morte do conselleiro, que se produciu ao redor das 13,30 horas, e cancelou a súa participación no evento.

Ademais, pouco despois de confirmarse oficialmente a noticia, o Executivo autonómico ratificou que quedaba suspendida a axenda de todos os cargos da Xunta. Os membros do Executivo autonómico, co presidente á cabeza, están consternados polo sucedido.

NATURAL DE ALDÁN (CANGAS), ONDE NACEU EN 1961

Natural de Aldán, en Cangas --aínda que residía en Bueu--, Martínez naceu en 1961. Era licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Xestión de Xerencia Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración.

Desde 1985, era funcionario do corpo superior de administración xeral do departamento autonómico de Facenda e exerceu diversos cargos públicos, ata que en febreiro de 2015 foi 'ascendido' por Feijóo para substituír a Elena Muñoz á fronte da Consellería, cando ela deixou o cargo para pugnar, como candidata, pola Alcaldía de Vigo.

Reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
Reunión do Consello da Xunta. DAVID CABEZÓN @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta