Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2021 | Actualizada ás 19:52
O 70% do persoal en quenda de Dinahosting, compañía do sector das tecnoloxías da información e da comunicación con sede en Santiago, secundou, segundo a CIG, a folga parcial convocada contra "a precarización laboral" e para reclamar á dirección que "reactive" o convenio de empresa que "deixou caer" para aplicar o estatal de consultorías.
Coincidindo co paro, un grupo de traballadores aproveitou para levar a cabo unha concentración diante das instalacións de Salvadas. O comité de empresa, presidido pola CIG, mostrou a súa satisfacción polo "amplo seguimento" que tivo o paro en defensa das condicións laborais, que se desenvolveu de 10,00 a 14,00 horas.
Foi dentro desta franxa horaria, de 12,00 a 13,00 horas, representantes sindicais e empregados aproveitaron para concentrarse ás portas do centro de traballo de Salvadas, onde despregaron unha pancarta na que se podía ler 'O convenio non se toca' ou 'Na rúa son o Ché, na empresa Pinochet', ademais de proclamar consignas contra a precarización.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.