Formalizado o acordo da Deputación da Coruña para financiar actividades do proxecto Xeoparque Cabo Ortegal

O obxectivo, segundo informa o organismo provincial, é levar a cabo as actuacións imprescindibles para a defensa da candidatura do Xeoparque ante a UNESCO.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/10/2021 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o presidente da Asociación para a xestión do Xeoparque Cabo Ortegal e alcalde de Valdoviño, Alberto González, formalizaron este venres o convenio mediante o cal o ente provincial destina 239.943 euros para as actividades deste proxecto.

O obxectivo, segundo informa o organismo provincial, é levar a cabo as actuacións imprescindibles para a defensa da candidatura do Xeoparque ante a UNESCO.

Na firma estiveron presentes os alcaldes e alcaldesa do sete concellos que forman parte da Asociación do proxecto: o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pomar; o de Cerdido, Benigno Galego Castro; a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy; o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras; o de San Sadurniño, Secundino García, e o de Cedeira, Pablo Moreda.

Tras a firma, Xosé Regueira explicou que a firma deste convenio chega "despois de traballar ao longo de tres anos na preparación do proxecto e de presentarnos á candidatura, polo que agora toca asinar esta achega económica que ten que servir para dar pasos en firme e facer máis forte a candidatura".

Firma do acordo sobre o proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. TORRECILLA
Firma do acordo sobre o proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta