Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2021 | Actualizada ás 16:49
A Xunta lanzou a convocatoria de axudas para o programa de Doutoramento Industrial, que conta cun orzamento de 1,9 millóns de euros e busca favorecer a contratación de 15 estudantes do sistema universitario galego en empresas e centros tecnolóxicos con domicilio social ou centro de traballo en Galicia para que poidan levar a cabo a súa tese.
Segundo detalla a Vicepresidencia Segunda da Xunta, que promove o programa a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), a iniciativa aposta polo talento e o emprego de calidade. Para acceder á mesma, o persoal investigador debe matricularse nun programa de doutoramento nunha universidade galega e contar cun director de tese vinculado a este proxecto.
O traballo de investigación deberá estar centrado na resolución de necesidades e problemas dunha empresa ou centro tecnolóxico e favorecer a investigación colaborativa e procesos de transferencia de coñecemento, ademais da inserción laboral.
O prazo de solicitude das axudas permanecerá aberto ata o próximo 5 de novembro e estas están dirixidas a empresas e centros de innovación e tecnoloxía e a universidades galegas. Así, o programa cobre custos de contratación e gastos relacionados co proxecto, ademais de apoiar a realización de estancias de tres meses no estranxeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.