Antecedentes familiares de colesterol ou depresión favorecen infartos en mulleres

Así o recolle unha investigación galega publicada nunha revista científica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2025 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

Un estudo realizado por investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, publicado recentemente no 'Journal of Cardiovascular Developement and Disase', recolle que antecedentes familiares de patoloxías cardiovasculares, colesterol ou depresión son "factores chave" que favorecen os infartos agudos de miocardio en mulleres de ata 40 anos.

Este informe realizouse a partir da detección dunha maior incidencia de enfermidades de arterias coronarias, e a súa derivación en infartos de miocardio, entre persoas de ata 40 anos, especialmente mulleres. Isto levou aos investigadores a avaliar as asociacións entre distintas variables clínicas e o risco de aparición destes episodios de maneira temperá.

En concreto, o traballo está asinado polos investigadores do Grupo de Investigación Cardiovascular do IIS Galicia Sur Andrés Íñíguez Romo, investigador principal e xefe do Servizo de Cardioloxía da área Sanitaria de Vigo; Victor Alfonso Jiménez Díaz, director da Unidade de Investigación Cardiovascular do Hospital Álvaro Cunqueiro; César Veiga García, Pablo Juan Salvadores, Samuel Pintos Rodríguez e Carlos Martínez García, así como polo catedrático do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicamento da USC, Francisco Caamaño Isorna.

Segundo explica a Xunta nun comunicado, o estudo permitiu identificar que aquelas mulleres con antecedentes familiares de arteroesclerose tiñan un risco case seis veces maior de desarollarla tamén.

O colesterol elevado, 'moi prevalente' en Galicia
O colesterol elevado, 'moi prevalente' en Galicia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta