Volve o festival "Sons de Breogán" a Compostela cunha nova aposta polo panorama musical galego

A Sala Malatesta acollerá o día 15 deste mes os concertos de Zënzar, Cuarta Xusta e TIAM Gz.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/10/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A asociación "Sons de Breogán" vén de rescatar o seu segundo festival cancelado pola pandemia e faino con Zënzar, Cuarta Xusta e TIAM Gz. É dicir, cunha nova posta polo panorama musical galego, xa sexa con grupos afianzados como cos novos artistas. O evento terá lugar o día 15 de outubro na Sala Malatesta, en Santiago de Compostela, ás 21:30. As entradas custan 14 euros e pódense adquirir na rede ou en billeteira.

Cartel do festival 'Sons de Breogán', na Sala Malatesta (Santiago de Compostela).
Cartel do festival 'Sons de Breogán', na Sala Malatesta (Santiago de Compostela).

A asociación "Sons de Breogán" destaca do seu da súa organización o compromiso cos valores baseados no feminismo, o internacionalismo, a loita LGTBI, o antifascismo e loita contra un "capitalismo depredador". Así, defenden reivindicar que "é posible unha cultura segura" e apostar "pola nosa cultura musical e polos nosos artistas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta