Os aeroportos galegos recuperan pasaxeiros con respecto á 2020 pero seguen lonxe da normalidade

Peinador rexistrou un 158'8% máis de tráfico, á cabeza da Comunidade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/10/2021 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O aeroporto de Santiago de Compostela reduciu un 17,1% os seus pasaxeiros en setembro deste ano en relación co mesmo período de 2019 (antes da pandemia), ata 233.216, mentres que o de Vigo rexistrou unha caída do 27,1% (67.649) e o da Coruña, do 38,9% (74.344). Se a comparativa se realiza con setembro de 2020, os tres experimentan incrementos relevantes, segundo os datos de Aena: do 145,6% no Rosalía de Castro, do 158,8% en Peinador e do 116,3% en Alvedro.

No acumulado de xaneiro a setembro, o tres terminais acumulan descensos de máis do 50% con respecto a 2019, pero aumentos en comparación con 2020. En canto ás operacións, baixaron un 26,5% na Coruña respecto de setembro de 2019, un 13,6% en Santiago e un 3,5% en Vigo. Tamén diminuíron (un 7,2%) na Coruña en relación a este mes de 2020. No entanto, subiron un 46,4% na capital galega e un 83,8% en Vigo.

Pola súa banda, tanto Rosalía de Castro como Peinador anotáronse incrementos do movemento de mercadorías tanto na comparativa con setembro de 2019 como coa de 2020. Na Coruña caeron respecto de hai dous anos pero incrementáronse en relación con 2020.
5 de outubro.

Pasaxeiros embarcan no aeroporto de Lavacolla. EUROPA PRESS - Arquivo
Pasaxeiros embarcan no aeroporto de Lavacolla. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta