Por E.P. | Lugo | 13/10/2021 | Actualizada ás 16:39
A Policía Local de Lugo localizou a tres menores extraviados por unha parella no recinto feiral da cidade, na que se celebran as festas de San Froilán.
Segundo relatou a Policía Local, sobre as 16,20 horas do pasado luns 11 de outubro unha patrulla de servizo no recinto feiral foi requirida por un matrimonio que alertou do extravío dos seus dous fillos de seis e oito anos e dunha sobriña de nove.
Os axentes informaron por radioteléfono da descrición dos menores ao resto de patrullas en servizo, unha das cales localizou os menores na Praza Maior, tras o que foron entregados á súa nai.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.