Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 14:55
Lugo con 4.926 euros per cápita e Ourense con 4.809 volven ser as provincias con maior investimento previsto nos orzamentos da Xunta para 2022, fronte aos 3.760 que percibirá A Coruña e 3.584 de Pontevedra. Respecto ao volume de gasto, as que reciben maiores contías son A Coruña e Pontevedra, con 4.222 e 3.3379 millóns de euros respectivamente, mentres a Lugo correspóndenlle 1.611 millóns e a Ourense 1.470.
"Nós si que apostamos polas provincias que necesitan máis cohesión territorial", reivindicou o novo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, en rolda de prensa no Parlamento tras entregar o proxecto de contas públicas ao seu presidente, este mércores. Neste sentido, Corgos contrapuxo esta aposta pola cohesión con "o que fai o Goberno central" cos fondos de resiliencia, dentro do plan de recuperación.
En 2021, as cifras de investimento por habitante eran inferiores para o catro: 4.704 euros per cápita en Lugo, 4.461 en Ourense, 3.633 na Coruña e 3.439 en Pontevedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.