Por E.P. | A CORUÑA | 21/10/2021 | Actualizada ás 18:14
A final do concurso Fran Pérez 'Narf' para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña terá lugar o próximo 21 de novembro, no Teatro Colón, segundo informa o organismo provincial. Será ás 19,30 horas nun espectáculo aberto ao público, que tamén será retransmitido en directo a través da canle de Youtube da Deputación da Coruña.
Nel, participarán as bandas finalistas: Pena, Tandub, Sleepy Spice, Elbaye Secho, ademais de GrandeAmore, o grupo invitado. O concurso ten o obxectivo de difundir, apoiar e promocinar os grupos e artistas musicais das diferentes comarcas e localidades galegas, así como lembrar e difundir socialmente a figura e a obra do músico e compositor Fran Pérez 'Narf'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.