Tres persoas mortas en accidentes de tráfico este xoves

Os sinistros tiveron lugar en Carballo, Curtis e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/01/2025 | Actualizada ás 09:39

Comparte esta noticia

Tres persoas morreron este xoves entre as 12.00 e as 18.00 horas en tres accidentes mentres conducían en Carballo, Vigo e Curtis. O primeiro produciuse polo envorco dun tractor,  o segundo por bater contra un muro e o terceiro foi polo descarrilamento dun turismo.

As primeiras informacións sobre o incidente de Carballo, na parroquia de Vilela, chegaron pasadas o sete da tarde, ao 112 de Galicia a través de chamadas de familiares, alarmados polo envorco do tractor que conducía o pai. Os servizos deemerxencia só puideron confirmar a morte do home que se atopaba atrapado baixo o tractor. Segundo a familia, o vehículo envorcara e, posteriormente, os Bombeiros de Carballo.

En canto aos.accidentrs de Vigo e Curtis trasladouse a Emerxencias a saída de dous vehículos. No caso de Curtis os equipos de emerxencia sinalaron que o conductor puido sufrir unha indisposición previa que lle fixo perder o control do coche.

No caso de Vigo, o conductor chocou contra un muro. Investiganse as causas do sinistro.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta