Por E.P. | A CORUÑA | 23/10/2021 | Actualizada ás 13:17
A Policía Local de Cambre interceptou na noite de xoves a venres un condutor que practicamente quintuplicaba a taxa máxima de alcol permitida en aire expirado. En concreto, o home, un veciño de 51 anos do municipio, deu positivo nas dúas probas ás que se lle someteu, nas que deu 1,13 e 1,17 respectivamente.
Os feitos ocorreron ao redor das 22,00 horas en pleno núcleo urbano de Cambre, entre a rúa Wenceslao Fernández Flórez e o Campo da Feira. Entón, a Policía recibiu a chamada duns particulares que advertiron que un coche circulaba de forma anómala, que subía á beirarrúa e mesmo invadía o sentido contrario da circulación.
Despois de que a patrulla o interceptase, fixéronselle dúas probas de alcoholemia que resultaron positivas. Unha vez obtidos estes resultados, a Policía Local tramitou as dilixencias para un xuízo rápido. Desde o mes de agosto, a Policía Local de Cambre instruíu 18 alcoholemias: dez penais e dous delas con accidentes de circulación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.