Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2021 | Actualizada ás 10:00
A Coruña, a provincia de España con máis viúvos. Un 2'06% dos habitantes da provincia coruñesa decláranse en estado de viuvez, segundo os datos dunha web de citas que vén de desembarcar en Galicia. Os datos da provincia coruñesa tradúcense tamén en que de media hai case 40 persoas solteiras por quilómetro cadrado, só entre os 20 e 59 anos.
As cifras da provincia Coruñesa quedan así moi por riba da media estatal, xa que o 40% das persoas entre 20 e 59 anos está solteira. O índice é maior no caso dos homes --45%-- que no das mulleres, case dez puntos porcentuais por debaixo: 36%. Cun cálculo máis optimista, a web cifra en 1 de cada dúas persoas na provincia da Coruña os solteiros; sempre tendo en conta o estado civil, cousa que non se ten por que corresponder coa situación sentimental.
En canto a matrimonios, o 48,86% das persoas residentes na Coruña está casada. Esta cifra é sempre lixeiramente superior nas mulleres que nos homes. No caso que nos ocupa, o 46,63% de homes forma parte dun matrimonio, mentres que no caso das mulleres a cifra ascende a 51,03%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.