Sindicatos ven "imprescindible" derrogar a reforma laboral pola situación da industria e construción

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Sindicatos advirten da "forte caída do emprego" en sectores como a industria e a construción no último ano, e ven "imprescindible" a derrogación da reforma laboral para crear postos de traballo "dignos e de calidade".

A enquisa de poboación activa (EPA) do terceiro trimestre recolle un aumento de contratos temporais e a tempo parcial, segundo denuncia a CIG, polo que denuncia emprego "peor pago".

O secretario confederal de Negociación Colectiva, Emprego e Industria, Francisco González Sío, critica que "a Xunta ten abandonados os sectores produtivos" e reclama a Feijóo a "inmediata posta en marcha dun Plan Galego de Recuperación".

Pola súa banda, UGT alerta do "escaso dinamismo" do mercado laboral galego, cunha taxa de actividade do 53%, "afastada do case 60% do Estado". Neste sentido, censura tamén que a precariedade "continúa sendo unha constante" e que a taxa de temporalidade aumenta, ao 26% , a de parcialidad ao 13,4% e sitúa a "involuntaria" no 51,3%.

Mentres, CC.OO. sinala que a EPA "describe un mercado laboral galego asentado na precariedade e sectores peor que antes da pandemia". Por iso, pide "aproveitar" os orzamentos autonómicos de 2022 e os fondos europeos "para impulsar políticas que corrixan esta situación".

"Galicia debe apostar por un novo modelo produtivo orientado a actividades de maior valor engadido, diversificado, que potencie a industria e cumpra criterios ambientais de economía circular", sinala a secretaria de Emprego de CC.OO., Maica Bouza.

Sindicalistas de UGT e CC.OO manifestándose en contra da reforma laboral
Sindicalistas de UGT e CC.OO manifestándose en contra da reforma laboral | Fonte: CC.OO. despedimento, indemnización, emprego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta