Ángel Mato acusa ao grupo municipal de Ferrol en Común de "comprometer o futuro da cidade"

Desde a oposición, FeC e PP, atribúen ao rexedor non escoitar as súas propostas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), acusou este venres ao grupo municipal de Ferrol en Común de "comprometer o futuro da cidade". "Os proxectos foron acordados entre todos, a dinamización económica que levan aparellados non se pode deixar a mercé de tacticismos políticos, que eu persoalmente non comparto", manifestou.

O alcalde de Ferrol, Anxo Mato.. CONCELLO DE FERROL
O alcalde de Ferrol, Anxo Mato.. CONCELLO DE FERROL | Fonte: Europa Press

O rexedor pronunciouse deste xeito nunha rolda de prensa celebrada no Concello de Ferrol despois de que o seu goberno non fose capaz de aprobar o xoves, no pleno ordinario de fin de mes, unha operación de crédito que ascendía a máis de 14,6 millóns de euros co obxectivo de executar investimentos recollidos no orzamento para 2021, documento que fora apoiado tanto por Ferrol en Común como BNG.

A abstención do tres edís de FeC, formación liderada polo exalclade Jorge Suárez, impediu que este punto saíse aprobado, votando a favor o goberno e o BNG, e en contra o Partido Popular.

"XOGAR CON ESTA CIDADE"

Ángel Mato incidiu en que, desde o seu punto de vista, "Ferrol en Común debería de reformularse xogar con esta cidade e deixar sen financiamento estes proxectos. "Non é responsable votar nun pleno a favor dun orzamento e duns investimentos, e logo, no pleno seguinte, votar en contra de dotalo de medios", sostivo.

O rexedor estimou que moitas das actuacións comprometidas con eses máis de 14,6 millóns de euros "están moi en dúbida". "Supoño que pensarían como quedan proxectos como a rehabilitación da casa natal de Ricardo Carvalho Calero ou os proxectos a financiar con fondos EDUSI", ademais de actuacións nas que xa se están dando os primeiros pasos para a súa materialización, como "a reforma das rúas da Igrexa, Pardo Baixo, Nova ou Manuel Belando", sostivo.

VERSIÓN DE FEC

Mentres, a través dun comunicado, Ferrol en Común xustificou a súa abstención no pleno deste xoves acusando o alcalde de "decidir ao seu capricho e sen proxecto o que é bo ou malo para a cidadanía". Ademais, criticaron que deixase "sen cumprir ata o 90% dos puntos acordados nos orzamentos".

Ferrol en Común incidiu que o crédito que se pretende solicitar "non se pagará no presente mandato, hipotecando así ao futuro goberno" e desde esta formación aseguran que "actúan de forma consecuente e responsable", e consideran que "a arrogancia non é a mellor forma do achegamento".

A este asunto tamén se referiu na mañá deste venres o grupo municipal do Partido Popular, o único que votou en contra desta proposta. "Mato non escoita, onte volvémolo ver no pleno, nin a traballadores nin a grupos nin a veciños", sostivo a edil popular Susana Sanjurjo, que sinalou que "presentou unha chapuza de expediente".

"Volve demostrar a súa incapacidade de xestión", manifestou antes de acusalo de "de costas ao pleno" para agora "presentarse como a vítima", "máis preocupado de culpar a outros ante a medios comunicación que de buscar alternativas, que é o que tería que facer hoxe".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta